O Grove 30-8-2011.- Desde a agrupación local de Esquerda Unida do Grove mostrámonos preocupados polas declaracións do goberno municipal en realción coa suposta asfixia financieira do noso Concello.
Cando hai apenas tres meses nos presentamos ás eleicións municipais, todas as agrupacións e partidos políticos eramos conscientes da situación económica tanto do Concello como da economía en xeral, e sabedores da redución de ingresos que as administracións públicas ían sufrir. Non pode ser pois sorpresa para o tripartito a redución de ingresos municipais.
Por outra banda, vemos que as cifras que se mostran están deseñadas para crear un estado de alarma para xustificar a redución drástica de servizos municipais. Por exemplo, non pode ser un imprevisto o incremento do IVE (medida regresiva que grava por igual o consumo de ricos e pobres) cando é unha medida anunciada en setembro de 2.009 e que entrou en vigor en xullo de 2.010, hai máis de un ano.