lunes, 24 de octubre de 2011 Esquerda Unida criticou a “elaborada e retorcida estratexia” que o Goberno local elaborou para “xustificar o aumento do gasto” nas retribucións que perciben os seus membros, “disfrazándoo de exercicio de austeridade”. Redacción | Foto: M. Muñiz
O Alcalde do Grove, Miguel Angel Pérez, ven de propoñer para o vindeiro pleno a subida do seu soldo, pasando dunha dedicación parcial a unha dedicación exclusiva. A suba supón un incremento de preto do 400%, o que en datos se traduce nun aumento de 800 € mensuais a máis de 3.150 €. Isto incremente bastante o gasto municipal do actual tripartido, onde todos os seus membros están remunerados, e supera con creces o gasto do anterior goberno.