MANIFESTO 25N 2024 DA REDE FEMINISTA DE IZQUIERDA UNIDA
Este 25 de novembro voltamos ás rúas contra todas as
violencias machistas e a berrar alto e claro “que a vergoña mude de bando!”
40 mulleres foron asasinadas no Estado español no que
levamos de ano (non esquecemos as 5 asasinadas dende o 25n do 2023 ao 31 de
decembro de 2023, que pasan desapercibidas nas estatísticas) e 1283 dende 2003,
data na que comezan a contabilizarse os asasinatos de mulleres. O número de
menores orfos por violencia de xénero son 29 no que levamos de ano e 443 dende
2013; dende ese ano a 2024, 63 foron as menores asasinas polos seus pais en
casos de violencia vicaria.
A violencia machista é unha violencia estrutural que
afonda as súas raíces en relacións patriarcais arraigadas en profundas
desigualdades. Unha violencia que dáse en todos os países e que se dirixe a
todas as mulleres. A violencia contra as mulleres ten múltiples formas; a
violencia sexual é unha das formas máis significativas da violencia contra as
mulleres e moitos dos perpetradores gozan de total impunidade. No mundo, 150
millóns de nenas menores de 18 anos sufriron agresións sexuais, e na Unión
Europea unha de cada tres mulleres sufriron agresións ou abusos sexuais dende
os 15 anos.
Millóns de mulleres son sometidas a mutilacións xenitais,
obrigadas a casarse, asasinadas, violadas e prostituídas, queimadas vivas ou
torturadas polo feito de ser mulleres; usadas como vasijas para enxendrar seres
humanos previamente comprados. Sociedades machistas que penalizan tamén ás
mulleres LGTBIQA+ polas súas disidencias da norma heterosexual patriarcal.
Esta violencia agravase en países en conflito bélico, o
corpo das mulleres convertese en lugar estratéxico para os fins da guerra.
Non podemos pasar por alto a violencia perpetrada baixo a
ocupación e o colonialismo. Denunciamos ao ilexítimo Estado de Israel que está
a perpetrar un xenocidio en Gaza, onde mulleres e menores son asasinados diariamente
ante o silencio internacional.
Avanzamos coa Lei Si es Si, coa Lei Trans, coa Lei de
Memoria Democrática. Unidas paramos os desafiuzamentos das nosas veciñas,
saimos a defender a paz e contra a guerra, saimos ás rúas cas mulleres palestinas,
saharauís, iraníes; saímos a defender os dereitos das mulleres migrantes para
acabar ca violencia exercida sobre elas.
Dende Izquierda Unida cremos que o apoio e atención ás vítimas
é fundamental, por isto reclamamos que se aproveiten os fondos do Pacto de
Estado para implementar unha rede de atención de proximidade potente que
permita recibir os apoios que precisan.
Somos abolicionistas da prostitución e por iso
consideramos necesario que no noso país se traballe nese horizonte, ampliando
os fondos destinados ás mulleres que desexen saír desa situación de
prostitución e fondos adicionais para a educación da sociedade. Porque é
necesario que se poñan en marcha en todas as provincias os centros 24 horas.
Saímos á rúa este 25N para lembrar aos distintos
gobernos, central, autonómico e local, a urxente necesidade de por en marcha
unha axenda feminista, porque o capitalismo depredador e especulativo impide o
acceso á vivenda, onde o 60% dos fogares de aluguer encabezados por mulleres
situase por debaixo do umbral da pobreza.
Seguimos a loitar contra un sistema que perpetúa as
desigualdades de clase e fomenta a violencia estrutural contra as mulleres;
mulleres traballadoras, precarizadas e empobrecidas, que subsisten en
condicións de explotación. Seguimos loitando para que o feminismo sexa unha
ferramenta de transformación económica.
Seguimos demandando un sistema público – comunitario de
coidados que asuma o traballo non pagado que fan as mulleres na familia, e que
son un síntoma dos privilexios dos que sérvese o patriarcado para manterse.
Un ano máis sairemos á rúa para denunciar un sistema
capitalista e patriarcal que non coida a vida nin o planeta. É necesario
incorporar mulleres tanto ao cambio de modelo produtivo como ao enerxético, así
como diminuír a pobreza enerxética que incide nas mulleres.
Este 25N saímos ás rúas a denunciar a violencia sexual
que se exerce sobre as mulleres e as nenas, violencia aceptada e normalizada
pola sociedade. Os relatos masivos que as mulleres fixeron das súas
experiencias dan idea da envergadura e da normalización da violencia, do silencio
e das complicidades. Saímos á rúa a reclamar que se poña o foco nos agresores e
non nas vítimas.
En Izquierda Unida somos conscientes de que o machismo é
transversal e atravésanos tamén ás organizacións da esquerda transformadora,
que tamén temos formado parte dese silencio colectivo e colaborador cos
agresores. Que a violencia política é unha manifestación do poder, baseada en
relacións asimétricas que danse dentro das organizacións, sabemos que a
impunidade non se derruba cun escándalo pasaxeiro, que é unha estratexia de
fondo.
Como feministas sabemos moi ben que construír
organizacións e referencias políticas libres de machismo e patriarcado é a base
para mudar o noso mundo.
Estamos convencidas de que a vergoña mudará de bando
gracias á loita feminista, por isto:
Este 25N fronte as violencias machistas berramos con rabia
feminista:
Que a vergoña mude de bando!