Unha das concentracións ás portas do Centro de Saúde no 2019 Foto: Faro de Vigo
Para a agrupación esquerdista a situación que se está a vivir no Centro
de Saúde do Grove é totalmente insostible e alaban a labor do persoal sanitario
que, cos escasos recursos que teñen, procuran dar cobertura a unha poboación
que nestes meses se triplicou.
Consideran que é preciso crear unha fronte común entre todos os partidos
políticos e a veciñanza para emprender accións de rexeite a este ataque da
Xunta á sanidade pública do noso concello.
O Grove, 17 de agosto de 2020.- A agrupación
local de Esquerda Unida ven de presentar por rexistro unha solicitude de
xuntanza de voceiros dos diferentes grupos políticos para tratar a situación do
Centro de Saúde do Grove.
O voceiro esquerdista, José Antonio Otero, tacha de
“intolerable e moi grave” a situación que se está a vivir estas semanas no
Centro de Saúde, “onde cunha pandemia aínda por superar e nun dos meses no que
a poboación se triplica pola afluencia turística, a atención sanitaria no noso
concello se vexa minguada ata puntos insostibles”. Para Otero, “non é de recibo
que nesta situación o Centro de Saúde conte nesta datas con tan só un
facultativo para toda a poboación do Grove e a que nos visita” e considera que
“isto atende a estratexia de desmantelamento da sanidade pública que a Xunta de
Galicia leva artellando dende hai moito tempo”. Así mesmo, Otero agradece o esforzo
que están a realizar as traballadoras e traballadores do Centro de Saúde meco,
pois “nunha circunstancia como a que se está a vivir co Covid-19, coa
necesidade de cubrir o dobre de cotas e traballar máis horas, estalles a
provocar unha carga e un estrés en moitos casos inaguantable”.
É por iso que, logo de ver declaracións do goberno
local e de outros grupos municipais con diferentes propostas de actuación, dende
Esquerda Unida piden unidade de acción entre todos os partidos políticos e a
veciñanza “para demostrarlle á Xunta de Galicia que no Grove non estamos
dispostos a que se xogue coa nosa saúde”, sentenza Otero que agarda que nestes
momentos “se de deixen de lado as cores políticas e se traballe conxuntamente
para as veciñas e veciños do noso concello”
Estes
son os temas que tratamos no pleno do luns no punto de Rogos e Preguntas:
CASINO DA TOXA
O
noso voceiro solicitou que o goberno concretase unha xuntanza co Comité de
Empresa do Casino La Toja co propósito de coñecer a situación actual e procurar
medidas dende a administración local. Chegan rumores de que a situación é preocupante
e que dende Luckia estase procurando un desmantelamento da sala da Toxa en prol
da nova sala situada en Vigo.
Volvemos
solicitar, por cuarto ano consecutivo, a eliminación das referencias ás praias
de Bandeira Azul na web de turismogrove, pois sigue anunciando que temos areais
co distintivo da Unión Europea cando non é certo. Tamén preguntamos en que
estado se atopa a nova web turística anunciara xa no 2016.
Interesámonos
polo estado no que se atopa a aplicación/marketplace “Merca no Grove”. Si se
está traballando nela, cantos comercios están adheridos e cando se vai ter
previsto que estea operativa.
Pedimos
información sobre a contratación dun servizo de asistencia xurídica, a través
dun decreto de Alcaldía, para un Recurso Contencioso-Administrativo contra a
Resolución da Dirección Xeral de Sustentabilidade da Costa e do Mar –
Delimitación de Núcleos. Quixemos saber si este asunto tiña algo que ver coa
sentenza gañada a Costas no 2017.
Solicitouse
durante o debate da moción do BNG que se convocase o Consello Local de Turismo
para tratar a Festa do Marisco. Durante os Rogos e Preguntas instouse a que
nesa convocatoria se presentasen tamén as contas do evento gastronómico do
2019.
Preguntamos
o estado no que se atopaba o expediente para a bonificación do 100% da taxa de terrazas
neste ano 2020, aprobado nunha moción no pleno no mes de xuño. Tamén preguntamos
si se iniciaron os trámites para solicitarlle a Portos de Galicia e Costas do estado
a que bonificasen o maior porcentaxe da taxa de terrazas dos negocios que se atopan
nos seus dominios, tal e como solicitaba a moción anteriormente indicada.
Así
mesmo, solicitóuselle ao Alcalde que deixara de mentir, logo de ter indicado en
dúas ocasións que se ía ordenar a retirada de mesas a unha terraza á que se lle
permitira ampliala tan só no Estado de Alarma e que se ía sancionar e ordenar
retirar o cercado doutra terraza no casco urbano por ser antiestética e incumprir
a ordenanza municipal. As dúas a día de hoxe, logo de máis dun mes, continúan
igual.
Preguntamos
cando se ten pensado convocar o Consello Local de Deportes para renovar os representantes
do órgano sectorial, pois vai máis dun ano do novo mandato e non se convocou
aínda este consello.
Tamén
solicitamos ao Concelleiro de Deportes que deixe de mentir e pida perdón ao
Club de Padel polas súas mentiras logo de ter afirmado que as restricións nas
pistas de padel foran consensuadas coa directiva deste club nunha reunión no
concello, cando estes indicaron que tan só acataron as decisións tomadas polo
concelleiro.
Así
mesmo volvemos preguntar o motivo polo que os monitores da pista de padel tiñan
que ser autónomos para traballar neste departamento.
Preguntamos
a que atendeu o cambio de xefe da Policía Local, tras ver que por Decreto se
aprobou o día 10 de xullo a remoción da anterior xefa e 11 días despois se nomeou,
tamén por Decreto de Alcaldía, o novo xefe accidental.
Preguntamos
novamente en que situación se atopa a expedición de tarxetas de residentes e a
identificación de cores das rúas peonís do noso concello, tal e como indica a Ordenanza
de Tráfico que entrou en vigor en febreiro de 2018.
Ante
a falta de visibilidade das liñas de delimitación de carrís e dos pasos de
peóns do tramo de Alexandre Bóveda recentemente humanizada, solicitamos que se
procure o repintado da mesma cunha pintura que resalte máis ou se procure
outras cores, sempre que cumpran a normativa de tráfico.
Solicitamos
que se procure coa Deputación de Pontevedra, como titular, a ampliación do
camiño forestal que transcorre dende a Atlántida ata a Siradella. Veciños e
usuarios do mesmo alértannos da perigosidade que supón circular por esa zona ao
contar con un vial moi estreito por onde transitan camións e trailers (derivados
polo concello a circular por esa zona) así como vehículos a grandes
velocidades.
Instouse
á reparación das escaleiras de baixada ao mar do paseo de Lordelo, que se atopan
esnaquizadas, e tamén dun dos bloques de formigón do muro do paseo altura do
Con das Señoritas, que está desprazado.
Preguntamos
en que situación se atopa o servizo, cando se vai reacitvar, con que protolo e
cantas familias se beneficiarán do mesmo coa nova normalidade. Considerámolo un
servizo esencial pois moitas familias levan meses “atrapadas” nas súas casas
sen un mínimo respiro.
Tamén
quixemos saber o motivo polo que se informou que o servizo ía comezar o día 3
no Monte da Vila cando finalmente non foi así, e por que non se lle avisou ás
familias desta suspensión con tempo e forma.
Así
mesmo, tamén emprazamos á concellería de Igualdade e Benestar a atender as propostas
e a solicitude de xuntanza dun colectivo de San Vicente para tratar asuntos de
Servizos Sociais. Unha xuntanza pola que o colectivo leva agardando dende o día
12 de xullo sen ter reposta por parte do departamento.
Pedimos
información sobre o Plan de Mobilidade Urbana Sostible (PMUS), pois dende
setembro do 2019 non volvemos saber nada sobre o asunto, cando quedáramos en
reunirnos asiduamente.
Preguntamos
pola propostas realizadas por Esquerda Unida ao documento do PMUS: humanización
da rúa O Corgo, apertura do vial do Monte da Vila dende Xoán XXIII, o traslado da
parada de taxis á avenida Beiramar, a creación do “Metrominuto” ou a creación
dun mini-parque infantil de tráfico. Así mesmo interesámonos polo estado da proposta
que realizamos sobre as bolsas de terreos para crear aparcamento, máxime logo
de ter eliminado medio centenar trala humanización da Alexandre Bóveda, Rosalía
e Conchases. Tamén criticamos que non se fixo nada sobre accesibilidade logo de
ter advertido no documento presentado no 2019 dunha quincena de pasos de peóns
que non contaban con rampla de acceso para persoas con mobilidade reducida
Por
último, preguntamos os motivos polo que non están publicados os pregos de
condicións para o concurso de concesión da Cafetería da Casa da Terceira Idade,
logo de que a actual concesionaria rematara o pasado 31 de xullo.
Tamén
preguntamos por que motivo se estaba culpabilizando a última concesionaria do
servizo da cafetería de provocar que estes pregos non estean publicados, máxime
cando tiñan que estar preparados pois o servizo remataba en principio o 11 de
xullo, e finalmente o 31 de xullo logo de que aprobaran a prorroga en Xunta de
Goberno Local o 29 de xuño.