Emprego
- Impedir a utilización das ETT’s. Que non reciban nin un só euro do Concello.
- Creación da Empresa Municipal de Servizos.
- Creación dunha normativa que penalice ás empresas con altos graos de eventualidade nas relacións comerciais, ou contratación de obras, con Concello.
- Creación de bolsas de emprego locais que prioricen as necesidades sociais e non sexan fontes de enchufismo político.
- Apoio ao pequeno comercio como forma de manter cohesión social.
- Aposta polos novos xacementos de emprego, continuando as políticas iniciadas por EU no goberno local.
- Recuperar a xestión pública de servizos privatizados.
Urbanismo, vivenda e medio ambiente
- PXOM. Plan Xeral de Ordenación Municipal
- Debe incluír, entre outras cousas:
- Solo industrial.
- Reordenación de tráfico e aparcadoiros.
- Zonas verdes e de servizos.
- Servizos en todos os barrios.
- Estación depuradora de augas residuais (EDAR).
- Dotación de servizos axeitados en praias e montes.
- Depósito de auga de 30.000 m3.
- Protección e defensa dos espazos naturais.
- Creación e posta en marcha da Empresa Municipal de Vivenda e Solo.
- Posta en funcionamento dunha Bolsa de Aluguer que xestione a oferta e a demanda de vivenda en réxime de arrendamento.
- Ampliación e reordenación do Porto do Grove.
Política económica e fiscal
- Carácter progresista dos orzamentos, atendendo ás necesidades sociais e buscando efectos dinamizadores sobre a economía local.
- Creación dun novo modelo impositivo, que permita pagar menos ás familias con baixos ingresos, así como aos parados e paradas, e recadar máis dos que obteñen rendas maiores.
- Convocatoria anual de subvencións destinadas ás actividades das asociacións deportivas, culturais, xuvenís…
- Destinar o 1% do orzamento municipal á creación de programas de axuda e cooperación.
Participación cidadá
- Modificar o regulamento Orgánico do Concello para facilitar a participación das persoas e colectivos.
- Crear a Concellería de Participación Cidadá.
- Enviar ás entidades sociais as ordes do día dos plenos así como as actas dos mesmos e das Xuntas de Goberno.
- Consultas veciñais a través do mecanismo de referendo municipal.
Sanidade, servizos sociais e deporte
- NOVO CENTRO DE SAÚDE. Resolver o déficit de instalacións e servizos sanitarios no noso Concello.
- Elaboración dun Plan Integral para o desenrolo da Lei de Dependencia no Grove.
- CENTRO DE DÍA para atención a persoas dependentes.
- Complexo deportivo con pavillón e piscina, entre outros. Que se cumpran os compromisos adquiridos.
Educación cultura e xuventude
- Funcionamento do Consello Local Escolar.
- Atención especial ás necesidades dos centros educativos.
- Aproveitamento dos equipamentos escolares en horario non lectivo para realización de actividade (campamentos, ludotecas…).
- Comedores escolares en todos os centros de educación infantil e primaria.
- Nova gardería municipal.
- Dinamización das instalacións culturais (actividades, horarios).
- Apoio aos colectivos xuvenís.
- Aposta polo cooperativismo como medida de xeración de emprego entre a xuventude.
- Creación dunha Casa da Mocidade con espazos para as asociacións e locais de ensaio.
- Dinamización da Oficina de Información Xuvenil.
Ningún comentario:
Publicar un comentario