mércores, 31 de agosto de 2011

EU acusa ao Goberno de crear un estado de alarma que xustifique recortes nos servizos

Prensa Todogrove.com
EU acusa ao Goberno de crear un estado de alarma que xustifique recortes nos servizos
Miércoles, 31 de agosto de 2011
 Esquerda Unida criticou que as cifras que os responsables municipais fixeron públicas para alertar da “asfixia económica” que sufre o Concello están “deseñadas para crear un estado de alarma” que xustifique “unha redución drástica de servizos municipais”.

EU ve en los datos económicos ofrecidos por el tripartito una justificación para reducir servicios

Prensa Diario de Arousa
EU ve en los datos económicos ofrecidos por el tripartito una justificación para reducir servicios

T.M. > O GROVE
La agrupación local de Esquerda Unida mostró ayer su preocupación por las declaraciones realizadas por los responsables municipales en relación con la asfixia económica del Concello meco.

Así, apuntan que hace tres meses todas las agrupaciones eran conscientes de la situación económica del ente local y sabían que iba a haber una reducción de ingresos, por lo que considera que este dato no debería ser una sorpresa para el tripartito.

martes, 30 de agosto de 2011

Sobre a asfixia financieira do Concello declarada polo tripartito.

O Grove 30-8-2011.- Desde a agrupación local de Esquerda Unida do Grove mostrámonos preocupados polas declaracións do goberno municipal en realción coa suposta asfixia financieira do noso Concello.
Cando hai apenas tres meses nos presentamos ás eleicións municipais, todas as agrupacións e partidos políticos eramos conscientes da situación económica tanto do Concello como da economía en xeral, e sabedores da redución de ingresos que as administracións públicas ían  sufrir. Non pode ser pois sorpresa para o tripartito a redución de ingresos municipais.
Por outra banda, vemos que as cifras que se mostran están deseñadas para crear un estado de alarma para xustificar a redución drástica de servizos municipais. Por exemplo, non pode ser un imprevisto o incremento do IVE (medida regresiva que grava por igual o consumo de ricos e pobres) cando é unha medida anunciada en setembro de 2.009 e que entrou en vigor en xullo de 2.010, hai máis de un ano.