MANIFESTO DE ESQUERDA UNIDA 1º DE MAIO DE 2022
Este
1º de Maio celebramos por primeira vez nos máis de 40 anos desde a aprobación
do Estatuto dos Traballadores que as persoas traballadoras deste país recuperamos dereitos cunha reforma
laboral: dereito á negociación colectiva e á ultraactividade dos convenios colectivos; dereito á igualdade entre as persoas encadradas no
réxime agrario e o xeneral e, sobre todo, o piar de calquera dereito, o traballo
estable mediante un contrato digno.
‘Vou darlles
varios datos’: os
contratos indefinidos pasaron
do 5% ao 30% en marzo, o mellor mes ata
o de agora desde que existen rexistros, e iso a pesar dos efectos da guerra e
do paro no transporte. Ademais, no último ano o paro
reduciuse en máis de 840.000
persoas e hai 19.958.479
persoas afiliadas á
Seguridade Social, o nivel máis alto da serie histórica.
Os
ministerios baixo responsabilidade de Unidas Podemos teñen como gran obxectivo
mellorar a vida das persoas
traballadoras do noso país, o mesmo que sinalou Esquerda Unida dende o primeiro momento de formar parte do
Goberno de coalición. Púxose en práctica dignificando
o Salario Mínimo Interprofesional (SMI), defendendo o dereito das consumidoras e consumidores fronte ao capitalismo especulador,
indo máis aló na defensa da igualdade de
xénero en todos os ámbitos,
realizando propostas para unha política
fiscal xusta e para desenvolver unha industria
sostible que cre emprego e beneficie á clase traballadora, rompendo
esa dinámica do capital na que os
ricos saen máis ricos das crises que
eles mesmos provocaron.
Esquerda Unida considera
que a recuperación de dereitos
coa reforma laboral
é só o principio, de feito, ao día seguinte da súa posta en
marcha definitiva fixemos pública nosa proposta para un novo Estatuto dos
Traballadores, que equilibre as relacións laborais, reforce o sindicalismo
de clase e democratice a vida laboral das persoas traballadoras.
Nestes momentos toca loitar por manter o poder adquisitivo dos salarios. EU está
firmemente comprometida cos
sindicatos para defender a revisión dos
convenios colectivos en base ao IPC. Apoiamos
tamén unha nova normativa que dignifique as prácticas non laborais e evite as
fraudes nesta materia. Ademais,
buscamos que se mellore de forma urxente a protección das persoas traballadoras máis vulnerables, por iso apoiamos
a Iniciativa Lexislativa Popular Regularización, e a ratificación do convenio 189 da OIT para
que os dereitos das empregadas do fogar sexan
recoñecidos. En definitiva, é a hora de avanzar en dereitos para todas.
Non esquecemos que as guerras afectan
á vida das traballadoras e os traballadores, ameazan os seus
empregos e afunden as economías dos países que as sofren directa ou
indirectamente. Este 1º de Maio esiximos que pare inmediatamente a guerra
en Ucraína e todas as que hai no mundo.
Estamos en contra do anunciado aumento do gasto militar, que se fará á
conta de recortar gastos sociais.
Dende os centros de traballo debe soar un berro unánime: NON Á GUERRA!
Estamos seguras de que unidas
conquistamos dereitos: dende a rúa, con gobernos
de esquerda e dende a dignificación dos centros de traballo:
POLOS DEREITOS LABORAIS EN IGUALDADE!
VIVA O 1º DE MAIO!