O Colectivo Local de Esquerda Unida do Grove, a través da súa asemblea, quere amosar o seu máis sincero agradecemento a todos aqueles veciños e veciñas que o pasado domingo 22 depositaron a súa confianza na nosa candidatura en forma de voto.
Desde Esquerda Unida queremos facerlles saber a todo eles que a nosa representación no concello estará, dende o inicio ata o fin do mandato, acorde cos nosos compromisos de campaña, o noso programa e por riba de todo na defensa dos intereses dos veciños do noso concello, sempre desde a nosa óptica de esquerdas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario