Izquierda Unida está elaborando un Plan de medidas económicas, centrado na creación de emprego, co que dar unha resposta alternativa e progresista á crise e para trasladalo á sociedade, pero tamén ao Goberno, despois de que “Solbes converteuse no ministro da resignación e a desesperanza”, segundo o cualificou Cayo Lara.
venres, 23 de xaneiro de 2009
mércores, 21 de xaneiro de 2009
Juan Fajardo liderará por terceira vez a candidatura de EU ás autonómicas por Pontevedra
Prensa:
Aínda que ao parecer a súa intención inicial era dar paso a unha nova cara á fronte da candidatura, finalmente o vilagarcián Juan Fajardo está en condicións de liderar de novo a lista coa que Esquerda Unida concorrerá ás eleccións autonómicas do 1 de marzo pola provincia de Pontevedra.
O proceso non se pechaba ata a noite de onte, na que os militantes das agrupacións comarcais foran convocados para votar a proposta deseñada pola comisión provincial de candidaturas. Pero, en principio, ningún factor interponse entre Fajardo e a cabeza da lista pontevedresa, que ocupará por terceira vez consecutiva. Os únicos reparos previsibles a esta decisión poderían haberse producido na propia asemblea de Arousa, á que o candidato pertence. Pero nada teñen que ver coa súa capacidade para facer fronte ao número un, senón coa posibilidade de que a campaña electoral puidese interferir co labor que Juan Fajardo e o seu grupo municipal desenvolven na corporación de Vilagarcía.
Yolanda Díaz, coordinadora nacional, será a candidata á Presidencia da Xunta
O Consello Político Nacional celebrado o 17 de xaneiro de 2009 no Hotel Apostol Santiago de Compostela aprobou que Yolanda Díaz, coordinadora nacional de Esquerda Unida, sexa a nosa candidata á Presidencia da Xunta de Galicia nas Eleccións que se derimirán o 1 de marzo de 2009.
Yolanda Díaz será a cabeza da provincia da Coruña, á que lle seguen, nos primeiros postos persoas que desenvolven responsabilidades institucionais nos Concellos de Ferrol (a propia Yolanda Díaz e Javier Galán, tamén están Sari Alabau e Miguel Reimóndez), Mugardos (Pilar Díaz, que vai de segunda), Neda (Rosana Llago) ou Cambre (Juan Fernandez). Pola provincia de Pontevedra o cabeza será Juan Fajardo, concelleiro en Vilagarcía de Arousa. Carlos Anxo Portomeñe será o que encabece a candidatura en Lugo e Carmen Iglesias fara o propio pola provincia de Ourense.
venres, 16 de xaneiro de 2009
Solidariedade con Palestina
O Colectivo Local da Xuventude Comunista Galega no Grove, xunto con Esquerda Unida e o Partido Comunista, facemos un chamamento a todos os veciños e veciñas do Grove para que acudan á manifestación nacional convocada por diversas organizacións de toda Galiza este domingo 18 en Santiago de Compostela, e que terá asúa saída ás 12 horas desde a Alameda desta cidade.
martes, 13 de xaneiro de 2009
ESQUERDA UNIDA CONDEA AS MATANZAS DE PALESTINOS PERPETRADOS POR ISRAEL COS SEUS ATAQUES Á FRANXA DE GAZA
Esquerda Unida quere denunciar a nova vaga de violencia terrorista de Estado, que o goberno israelí está a desenvolver sobre a poboación palestina na franxa de Gaza. Denuncia que fai extensiva á unha comunidade internacional que permite por activa ou pasiva o exercicio dunha violencia brutal e o mantemento de condicións de vida insoportables nos territorios ocupados, en aberto desafío dunha legalidade internacional violada reiteradamente por Israel coa complicidade dos EE.UU. e a propia Unión Europea.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)