mércores, 27 de xullo de 2011

Rogos e Preguntas de EU-IU á Sesión Plenaria de xullo

Na vindeira Sesión Plenaria, a do 28 de xullo, Esquerda Unida realizará dúas preguntas relacionadas co Servizo de Asistencia a Domicilio e varias referentes á praia da Lanzada. Ademais presentará  sete rogos para dar solución a diferentes problemas existentes no noso concello.

Moción de Esquerda Unida á Sesión Plenaria do mes de xullo

Esquerda Unida presentará unha moción á Sesión Plenaria do vindeiro 28 de xuño, na que instará ao goberno do Grove a realizar un estudo sobre o número persoas dependentes do noso concello que teñen a necesidade de asistir a un Centro de Día e buscar unha solución para que poidan acudir sen problemas ao centro de Sanxenxo.
Esta moción non foi incluída na Orde do día, polo que tentaremos debatela e aprobala, se procede, por urxencia.