luns, 14 de novembro de 2011

Esquerda Unida celebrou un mitin charla na Confraría de Pescadores

Prensa: Todogrove.com
O candidato de Esquerda Unida-Os Verdes ao Congreso dos deputados pola provincia de Pontevedra, Rubén Pérez, desprazouse este domingo ata O Grove para explicar o programa co que a formación esquerdista concorre ás eleccións xerais do vindeiro 20 de novembro.
Redacción | Fotos: M. Muñiz 
Unhas vinte e cinco persoas participaron na mañá deste domingo neste acto celebrado na sede da Confraría, no que o número un da candidatura de EU pola provincia de Pontevedra, Rubén Pérez, fixo un pequeno repaso aos puntos máis importantes do programa da coalición, no que se recollen medidas coma a suba do salario mínimo, a redución da xornada laboral a 35 horas semanais ou que a carga impositiva das rendas do capital se equiparen á das rendas do traballo.
Tralo seu relatorio, este mitin –no que tamén estivo presente a número catro da lista ao Congreso por Pontevedra, María Guillán, e o concelleiro de EU na corporación local, José Antonio Taboada– transformouse nun pequeno debate no que as persoas asistentes aportaron diferentes cuestións que Pérez se encargou de responder e explicar.

Ningún comentario:

Publicar un comentario