A
 situación económica actual de crise do sistema capitalista de produción
 non a creamos os traballadores e traballadoras. Foron as políticas de 
corte neoliberal levadas a cabo por parte dos gobernos do PP e do PSOE 
nas distintas administracións públicas as que puxeron en marcha a 
maquinaria de destrución do Público, reducindo a capacidade de maniobra 
das adminstracións públicas á hora de dar resposta ás necesidades dos 
cidadáns, chegando ata o golpe de estado institucional perpetrado polos 
representantes da Banca e as grandes empresas, que son o PP e o PSOE, 
constitucionalizando a ideoloxía neoliberal pola vía de urxencia, sen 
tan sequera consultar á cidadanía, non fora ser que a democracia se 
interpuxera no seu camiño de destrución e imposición.
Agora
 que a bomba está a punto de estouparlles nas mans tras deixar de 
ingresar o Estado millóns de euros ao ano procedentes dos petos dos máis
 ricos, pertenden unha vez máis que sexan os traballadores, asalariados e
 pequenos autónomos, os que paguen cunha maior carga fiscal os pratos 
rotos.
A
 suba de impostos que nos propuxo o goberno Tripartito non pode ser 
asumida por Esquerda Unida. Son diversos os motivos que nos levan a 
tomar esta postura. Algúns deles supoñemos que os adiviñarán vostedes da
 introdución feita. Outros veñen dados polo xeito de operar deste 
Tripartito. As contradicións do Partido Popular e os seus socios son o 
colmo da hipocresía e o despropósito. Recordemos como hai tres anos o PP
 e Ameca criticaban a actualización das taxas de lixo e auga, así como a
 suba do Imposto de Vehículos, o mesmo que eles traen de novo para 
elevar. Daquela fixeron unha crítica acertada ao noso entender, e era 
que non se negociaran estas modificacións coa oposición, caíndo agora na
 postura que tanto criticaron.
Hai
 un mes aproximadamente, o Alcalde e o Concelleiro de Facenda facían 
unha rolda de prensa na que calificaban a situación económica do 
Concello de “asfixia financieira”. Desde Esquerda Unida, a través dos 
medios de comunicación, trasladamos unha proposta ao goberno Tripartito:
 que o Alcalde convocase aos voceiros dos distintos grupos municipais 
coa finalidade de darnos a coñecer a verdadeira situación económica (e 
non os datos cociñados para crear alarmismo na sociedade que presentaron
 á prensa), así como traballar en conxunto nos orzamentos municipais e 
na actualización de taxas que fosen precisas. Non houbo resposta.
Desde Esquerda Unida preguntámosnos:
- En qué sustenta o goberno a suba dun 16% do Imposto de Vehículos nun periodo de tres anos?
- Que foi daquela proposta do PP sobre o Imposto de Vehículos que presentou a Pleno en 2008? Era soamente para xustificar o seu voto en contra? Se non é así, que fai que agora non a incorporen á proposta que levaron a Pleno?
Reafirmámosnos
 na nosa proposta de reunir a todos os portavoces municipais para que 
desde o goberno local se nos acheguen datos reais da situación económica
 do Concello, e non o refrito de cifras cociñadas que desde o goberno se
 trasladaron aos medios de comunicación coa única finalidade de crear 
confusión e alarmismo, co abxectivo de abrir unha vía libre á 
modificacións tributarias unilaterias por parte do Tripartito.
 
 
 
Ningún comentario:
Publicar un comentario