venres, 25 de novembro de 2011

25 N. Contra a violencia de xénero

A crise económica, provocada polo sistema capitalista, está xerando unha clase social cada vez máis empobrecida e sometida aos vaivéns dos mercados financeiros.

O ano 2011 está finalizando co aumento das desigualdades sociais. Estas diferencias económicas e desigualdades acentúanse moitísimo máis nas mulleres, xa que son estas as que están sufrindo directamente un duro golpe contra as conquistas aparentemente consolidadas.


Esquerda Unida diante do 25 de novembro esixe o desenvolvemento de modelos de relacións igualitarias.

So pretexto do aforro, estanse a eliminar os organismos de igualdade en todos os ámbitos territoriais, diminuíronse de facto as inversións destinadas a políticas específicas e as escasas políticas de emprego concentráronse en traballos masculinizados, mentres se potencia o traballo a tempo parcial –protagonizado maioritariamente por mulleres- e aumenta a brecha salarial entre mulleres e homes.

Fomentar plans educativos, plans de igualdade nas empresas e campañas permanentes de concienciación, son instrumentos imprescindíbeis para loitar contra a violencia de xénero.

A violencia exercida contra as mulleres, é un mal estructural dunha sociedade sen respeto nin conciencia dos valores de igualdade, que acampa en todo tempo e situación, pero cando unha sociedade sufre ataques na súa xa débil estructura de benestar, como agora está a acontecer, a violencia acada cotas vergoñantes tanto no aumento das súas víctimas, como nas formas que adoita.

Así comprobamos que aumentaron de forma brutal o número de mulleres asasinadas e violentadas física y psicoloxicamente (este ano de media estase a asasinar unha muller por semana; en 2010 se solicitaron case 40.000 ordes de protección), e que a violencia económica se ensaña coa complicidade dos distintos gobernos: no segundo trimestre de 2011 o paro feminino situábase nun 22 % e o 60 % dos traballos fóra do fogar  realízanse a xornada parcial.

A executiva nacional de EU considera fundamental que se erradiquen as diferenzas salariais entre homes e mulleres  e que todos os plans de emprego se proxecten dende a perspectiva de xénero.
A volta ao fogar, aos cidadáns e á recuperación patriarcal dos roles sexistas, son sinais de identidade desta nova e catastrófica etapa. Se sigue sen recoñecer a nosa contribución en ningunha das facetas sociais, tampouco se cuantifica economicamente o noso traballo. O medo á inestabilidade económica está reducindo a capacidade de decisión das mulleres, soportando situacións persoais e laborais propias doutras épocas históricas que semellaban superadas, e estamos padecendo unha rapidísima feminización da pobreza máis absoluta.

Así mesmo, hai que incidir especialmente na situación da mocidade, xa que se está a demostrar que ás súas relacións seguen marcadas por patróns de dominación machista.

Ningún comentario:

Publicar un comentario