Na vindeira Sesión Plenaria, a do 29 de setembro, Esquerda Unida realizará catro preguntas, a primeira delas solicitando explicacións sobre a demora nas respostas aos Rogos e Preguntas do Pleno de xullo. Ademais presentaranse oito rogos para dar solución a diferentes problemas existentes no noso concello.
ROGOS E PREGUNTAS Á SESIÓN PLENARIA DO
CONCELLO DO GROVE
29 DE SETEMBRO DE 2011
PREGUNTAS
1ª PREGUNTA
No pleno do pasado mes de xullo este concelleiro formulou unha serie de
rogos e preguntas. O Sr. Alcalde comunicou pouco antes do remate da sesión que
serían respondidas todas estas pro escrito. Van alá dous meses dende a
celebración dese pleno e seguimos agardando polas correspondentes respostas.
¿Poderían indicarnos cal é o motivo polo que non recibimos resposta os
rogos e preguntas formuladas no anterior pleno?
¿Pasará o mesmo coas que vamos formular a continuación?
¿Será esta a dinámica deste goberno tripartito?
2ª PEGUNTA
No punto 3º (Gastos, contas e facturas) da acta da sesión ordinaria da Xunta de Goberno local que tivo lugar o 29 de xullo de 2011 constan as partidas
correspondentes ao reparto de subvencións da concellería de Cultura para o ano
2011. Segundo o informe desfavorable da Intervención, que ademais de observar a
falta de documentación na maioría das entidades solicitantes, algo que é
normal, aparece tamén a indicación que cinco solicitudes foron presentadas fora
de prazo.
¿Por qué o Concello do Grove concedeu as cantidades de 3.920 € á
Asociación Cultural Cantodorxo, 1.195 €, ao Club Náutico San Vicente, 600 € á
Asociación Cultural e Deportiva Breogán, 900 € á Coral Polifónica Boca da Ría e
1.295 € á Asociación de Mulleres Rurais Adro Vello, cando non cumpriron o prazo
de presentación indicado nas bases publicadas no BOP de 25 de maio de 2011?
3ª PEGUNTA
¿Cal é o motivo polo que as pastelerías do Grove non poden este ano
abastecer o posto de sobremesas da Festa do Marisco?
¿Foi concedido este posto a unha empresa en concreto?
De ser así ¿Cales foron as bases que regularon esa adxudicación?
4ª PEGUNTA - ROGO
¿Cal é o motivo polo que estes veciños do Altiño non contan con
iluminación na rúa durante toda a xornada nocturna?
E por outro lado, Rogamos se lle dea solución a este problema o máis
axiña posible.
ROGOS
1º ROGO
As papeleiras que se hai ao longo do paseo de Lordelo atópanse nun
estado de deterioro. A maioría non contan xa co fondo e están oxidadas, o que
provoca que as bolsas de lixo rachen e se espalla o seu contido polo chan,
ademais de dar unha mala imaxe para os veciños e visitantes.
Solicitamos se proceda ao cambio ou arranxo das mesmas o máis axiña
posible.
2º ROGO
Rogamos se revise este problema e se repoña ou se arranxe dito farol.
3º ROGO
A intersección da Rúa Barqueiras coa Luís Seoane conta con pouca
visibilidade, polo que os vehículos que se queren incorporar a esta última o
fan con perigo.
Polo que, a instancias dos veciños e usuarios desa rúa, solicitamos se
instale un espello para mellorar a visibilidade.
4º ROGO
Os vehículos que se queren incorporar dende a
Rúa Montiño C cara a Rúa Montiño A (na Praza do Peso) non contan con suficiente
visibilidade e supón un risco de accidente tanto para os que soben pola Rúa Montiño
A como para os que se queren incorporar.
Rogamos ao Concello que instale un espello
para facilitar a visibilidade nesa saída.
5º ROGO
Na intersección da Avda. Portugal coa Rúa Luis A.Mestre existe un paso
de peóns que se atopa moi preto da outra rúa. Os vehículos que circulan pola
Luís A. Mestre e se dirixen á Avda. Portugal atópanse co paso peonil nada máis
realizar o xiro pertinente. A falta de visibilidade e a proximidade do paso de
peóns xa ten provocado algún que outro atropelo.
Por este motivo, dende Esquerda Unida solicitamos se proceda a
desprazar a zona de paso de peóns uns metros, para que o perigo de atropelo se
vexa reducido considerablemente.
6º ROGO
7º ROGO
A Rúa da Bouzas é moi transitada tanto por vehículos como por peóns,
sobre todo nos meses lectivos, onde os estudantes a utilizan para dirixirse ao
Instituto. O perigo nesta rúa para os viandantes e grande, xa que é estreita, de
dobre sentido, non contar con zona delimitada e, en ocasións, os vehículos circulan
a velocidades excesivas.
Dende Esquerda Unida instamos ao concello a que tome medidas nesta rúa,
ben deixando un so carril de circulación ou delimitando unha zona de transito
para peóns.
8º ROGO
Ningún comentario:
Publicar un comentario