Co propósito de que as problemáticas do pobo e dos veciños cheguen ao pleno do
concello, dende Esquerda Unida abrimos unha nova ventá a través da nosa web
–http://euogrove.blogspot.com–.
No apartado “Buzón-Rogos”,
os veciños poderán facernos chegar as súas queixas, ou preguntas para que o
nosos concelleiro as traslade ao seo do pleno, co fin de buscar unha solución
ou cando menos unha resposta.
Dende hai moitos anos, este colectivo caracterízase polo traballo a pé de rúa. Nos
últimos mandatos, concelleiros/as como Xan Caneda, María Soilán ou Xan Lamelas,
trasladaron aos plenos, ademais das mocións, numerosos rogos e preguntas co
propósito de dar solución aos problemas do nosos concello. No pleno do mes de
xullo, o actual concelleiro, José Antonio Taboada Magdalena, Neno, fixo chegar ao
grupo degoberno 2 preguntas e 7 rogos –dos que seguimos agardando resposta logo de dous
meses–.
Estas
iniciativas que cada mes levamos ao pleno é froito das peticións que os veciños
nos trasladan cando nos atopan na rúa ou nos chaman por teléfono. Por este
motivo, dende Esquerda Unida queremos ampliar, mellorar e facilitar o método de
comunicación cos veciños para que nos trasladen as súas solicitudes. É por iso
que que se abre este espazo na web “Buzón-Rogos”.
Tamén indicar que as respostas que recibamos do grupo de goberno serán publicadas
na web e lle serán trasladadas aos veciños que formularan a petición, para que
a coñezan de primeira man.
Ademais,
os que queiran seguir a información do noso colectivo poden facelo na web, na
rede social facebook (EsquerdaUnida O Grove) e no twitter (@EUOgrove).
Ningún comentario:
Publicar un comentario