Os concelleiros de EU no Pleno. Foto: todogrove.es |
Unha petición que tivo boa acollida por
parte do goberno, que aplicará os criterios socioeconómicos na edición de este
ano e valorará de cara ao futuro mudar o sistema de voluntariado por
contratacións.
Esta non foi a única petición realizada
polos esquerdistas, pois ademais solicitaron que se dese solución e se
depurasen responsabilidades co vertido de escombro na rúa Irmáns Otero Goday,
que se arranxase o valado do parque infantil de Rons, que se retirase ou
aproveitase o panel do Cicri para a promoción turística do Grove, que se
limpasen con frecuencia os areais do concello, que se arranxase o acceso á
praia da Lavaxeira, que se revisase os problemas de cheiros e ruídos
procedentes da canalización da EDAR na zona da Gandariña, que se solucionase o
problema de seguridade no Portal Cidadá da web municipal e que se instalase un
espello na zona do camiño do lavadoiro de Balea.
Así mesmo, os concelleiros de EU
preguntaron pola situación da recollida selectiva, logo de comprobar como en
varias ocasións os colectores se atoparon cheos durante máis dun día,
solicitando tamén que se ampliase a recollida durante os meses de verán. Tamén
preguntaron si a empresa encargada das obras do gas tiñan previsto asfaltar as
rúas e arranxar as beirarrúas por onde realizaron a canalización. Por último,
solicitaron información pola falta de policías locais durante as noites do mes
de xullo e instaron ao Alcalde a poñer en marcha o servizo durante o mes de
agosto.
Todas os rogos e preguntas, que foron
introducidos por rexistro antes do pleno, foron respondidos polos concelleiros
delegados na sesión ordinaria.
ver lista de rogos e preguntas
noticias relacionadas:
Todogrove.es: A aplicación de criterios socioeconómicos primará na selección de voluntarios para o Marisco
La Voz de Galicia: Objetivo: la Festa do Marisco
noticias relacionadas:
Todogrove.es: A aplicación de criterios socioeconómicos primará na selección de voluntarios para o Marisco
La Voz de Galicia: Objetivo: la Festa do Marisco