pasado luns 24 de novembro, o Concello en Pleno aprobou a chamada “Declaración do Grove”, a través dunha moción achegada pola Asociación da Memoria Histórica O Grove, e que recolle as conclusións das Xornadas “Lei da Memoria Histórica” celebradas no Grove o pasado 25 de outubro. A moción foi aprobada cos votos a favor de Esquerda Unida, PSOE, BNG, PG e AMeca (10), e co voto en contra do Partido Popular (6).
mércores, 26 de novembro de 2008
martes, 25 de novembro de 2008
O noso corpo non ten prezo
Secretaría da Muller do Partido Comunista de España
25 de novembro, continúa a loita contra a violencia de xénero
A explotación sexual aféctanos ao conxunto das mulleres, do mesmo xeito que outras formas de violencia de xénero. A reivindicación dun mundo sen violencia, sen explotación sexual, en igualdade, é sen dúbida unha mensaxe prioritaria co que as mulleres debemos saír á rúa este próximo 25 de novembro.
mércores, 19 de novembro de 2008
Charla sobre o cambio climático na costa galega
Este venres, día 21 de novembro, o Concello do Grove, a través da Concellería de Xuventude que dirixe o edil comunista Xan Lamelas, presentará a charla “Cambio climático na costa galega”, que se impartirá no local social do Clube de Remo Mecos en Rons, ás 20:30 horas da tarde.
venres, 14 de novembro de 2008
15-N todos á rúa: a Crise que a paguen os capitalistas
Este sábado celebraránse concentracións contra a reunión do G-20 e a refundación do Capitalismo en todo o mundo e xa están convocadas en decenas de cidades españolas.
Lugar en Vilagarcía: Praza da RavellaData: 15 de novembro, sábado.Hora: 17 HsAsí mesmo esta convocatoria fai un chamamento a todos os cidadáns e didadás á participación na mesma.
mércores, 12 de novembro de 2008
Charla sobre o proceso de Boloña
Este venres, día 14 de novembro, o colectivo territorial do Grove da Xuventude Comunista organizará unha charla sobre o coñecido proceso de Boloña de reforma do sistema educativo superior.
A Xuventude Comunista leva varios anos mobilizándose en contra deste proceso e do Espazo Europeo de Educación Superior, desde que no ano 2.000 se iniciaran en España os trámites para que no 2.010 este cambio sexa efectivo, primeiro coa Lei Orgánica de Universidades (a controvertida LOU do Partido Popular que levou a milleiros de estudantes a protestar nas rúas) e despois cos reais decretos publicados polo goberno do PSOE que camiñan cara a elitización, privatización e mercantilización da universidade.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)