Os esquerdistas
lamentan que a Xunta de Galicia rexeite as propostas para o noso concello.
Reclamaban a administración autonómica que incluíra no Orzamento 2020 tres
millóns de euros de inversión directa no concello e 13,5 millóns de inversión
indirecta.
Reclamaban orzamento
para un novo Centro de Saúde, para a ampliación do dique de abrigo do porto de
Porto Meloxo, para o desdobre da Vía Rápida VG-4.1 e para a renovación da
tubaxe que subministra a auga potable ao Grove.
O Grove, 22 de novembro de 2019. A agrupación local de
Esquerda Unida dou traslado a través do grupo parlamentario Grupo Común da
Esquerda as emendas ao Orzamento da Xunta de Galicia para o 2020 referentes ao
Grove.
En
total foron catro ás peticións realizadas polos esquerdistas, das cales dúas
eran de inversión directa no propio concello e as outras dúas, a pesar de non
ser no entorno grovense, si repercutían de forma indirecta na localidade.
A
agrupación que lidera José Antonio Otero quería “que a Xunta de Galicia dera un
paso adiante e se comprometa dunha vez por todas co noso concello, pois levamos
anos sen contar con inversións importantes”. E por iso que decidiron canalizar
as súas peticións a través dos seus representantes no Parlamento de Galicia.
A
primeira das peticións ía directamente á Consellería de Sanidade á cal lle
pedían que contemplase entre 1,5 e 2 millóns de euros, nas súas partidas, para
o proxecto e construción dun novo Centro de Saúde, unha das maiores demandas do
Grove que volveu reivindicarse con forza nas últimas protestas celebradas
diante do actual Centro de Saúde durante o mes de abril. Os esquerdistas son
conscientes que un dos problemas que se atoparían á hora de presentar esta
solicitude é a da falta dun terreo para albergar esta construción, pero
entendían que si prosperaba, sería o concello o que se vira no compromiso de
poñer este a disposición do ente autonómico, e para elo o goberno municipal
tería por diante un ano. “Deste xeito, a construción retrasarase, pois teremos
que agardar como mínimo ata os orzamentos da Xunta do 2021” indica José Antonio
Otero.
A
ampliación do dique de abrigo do porto de Porto Meloxo é outra das peticións de
inversión directa que Esquerda Unida reclamaba á Xunta. Desta volta a Portos de
Galicia, pois entenden que son os encargados de poñer en marcha dita obra. En
referencia a isto, José Antonio Otero “considera unha burla que os orzamentos
en vigor reflictan preto de 1,2 millóns de euros para investir en Porto Meloxo
en tres anos, contemplando 50.000 para a primeira fase –2019– dos cales non se
gastou un só euro e no Orzamento 2020 se eliminase toda a partida e tan só se
propuxeran 30.000 €”. Os esquerdistas recordan que o proxecto leva paralizado
varios anos por mor dunha emenda da Confraría de Pescadores grovense ao ver
perigar os bancos marisqueiros máis próximos ao eliminarse as correntes da zona.
Neste senso, José Antonio Otero recorda que “aprobamos recentemente unha moción
na que solicitabamos desatascar esta situación procurando que Portos estudase
unha medida para que o dique de abrigo permitise o paso de correntes que non
afectase aos bancos marisqueiros”. E por iso que Esquerda Unida quería que se
contemplaran eses preto de 1,2 millóns de euros no Orzamento 2020.
Xa nas
inversións indirectas, pois a pesar de non realizarse directamente no concello
–son obras fora do municipio– supoñen unha repercusión positiva no Grove, os
esquerdistas pedían como primeira medida que se realizase o desdobre da Vía
Rápida do Salnés (VG-4.1), no tramo que vai dende a Lanzada ata o enlace coa
Autovía en Sanxenxo. Unha demanda que se ven realizando dende que no 2006
comezaran as obras de desdobre do tramo entre Curro (Barro) e Sanxenxo e que
aflora cada ano durante a época estival cando se producen diariamente atascos
quilométricos.
Esquerda
Unida solicitaba que se contemplasen como mínimo os 12 millóns de euros que no
2010 prevía a Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas e que se procurase unha solución para non
prexudicar medioambientalmente a zona.
Por último os esquerdistas enfocaron a súa cuarta
petición directamente sobre Augas de Galicia, pois consideran que teñen que
acometer “dunha vez por todas” a substitución da tubaxe que subministra a auga
potable ao concello grovense. Segundo Esquerda Unida, O Grove recibe a auga da
planta instalada en Vilanova de Arousa a través dunha tubaxe, instalada a
finais dos 80, que tras chegar a Vilalonga (Sanxenxo) sotérrase baixo o mar ata
o municipio grovense. José Antonio Otero recorda que “En xullo do 2018, Augas
de Galicia recoñecía o mal estado da tubaxe e as consecuencias nefastas que
suporía para o noso concello unha rotura da mesma, e por iso comprometíase a
rematar un proxecto de substitución a finais de 2018 e comezar as obras durante
este ano, para elo ían contemplar no orzamento 2019 unha partida de 1,5 millóns
de euros”, pero a día de hoxe “non se coñece o proxecto nin tampouco se
incluíron eses cartos no orzamento do 2019 e tampouco no proxecto do 2020”,
sentencia Otero.
O voceiro esquerdistas indica que a situación non pode
agardar máis, “pois no presente ano a tubaxe xa rachou por dúas ocasións no
tramo da Lanzada e solucionouse relativamente axiña porque sucedeu nunha zona
na que as condicións permitiron que os operarios realizasen o traballo con
rapidez.
Aínda
que sen moitas esperanzas, Esquerda Unida agardaban que a Xunta de Galicia
recapacitase e que antes de pechar os Orzamentos do 2020 contemplasen estas
catro demandas, “pois son importantes para O Grove e a súa veciñanza”. Recordan
que “estamos as portas dun proceso electoral autonómico e as veciñas e veciños
do Grove son plenamente conscientes do abandono ao que estivo sometido o noso
concello por parte da administración que dirixe Feijoo”.
Gabinete de Prensa
Esquerda Unida O Grove