



Esquerda Unida elevará a debate, no pleno do mes de marzo, unha moción para instar ao Concello a realizar un control das colonias
felinas aplicando o protocolo CES.
O continuo abandono de gatos domésticos,
unido á súa capacidade reprodutiva, orixina colonias descontroladas de gatos
vagabundos en zonas urbanas que non son aptas para a súa supervivencia,
ocasionando molestias aos veciños do municipio.
O control reprodutivo mediante a
aplicación de programas de captura, esterilización e solta (CES) supón unha boa
política de control da poboación felina dende o punto de vista da saúde pública
e do benestar animal e que completa outras medidas de potenciación da tenencia
responsable de animais.
Unha colonia de gatos esterilizada xoga un
papel importante no control de roedores da zona. Ademais de mellorar as
condicións sanitarias da propia colonia, os programas CES favorecen a hixiene
do entorno ao reducir as conductas propias dos gatos non esterilizados. Alí
onde se extermina traumáticamente unha colonia, esta volve a reproducirse, a
poboación recuperarase a través do fenómeno coñecido como “o efecto baleiro”.
Por ese motivo, dende Esquerda Unida instamos ao goberno a levar a cabo un censo municipal de colonias felinas e que, en colaboración coas asociacións animalistas locais e os centros veterinarios do noso concello, se lles realice o protocolo CES. Así mesmo, pedimos que se favoreza e protexa a labor das/dos voluntarias/os que coidan as colonias, se realicen talleres de educación contra o abandono e maltrato animal e campañas que conciencien da necesidade da esterilización de animais domésticos.
MOCIÓN COMPLETA:
MOCIÓN SOBRE O CONTROL DAS COLONIAS FELINAS. PROTOCOLO CES (Captura, Esterilización, Solta)
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
O continuo abandono de gatos domésticos,
unido á súa capacidade reprodutiva, orixina colonias descontroladas de gatos
vagabundos en zonas urbanas que non son aptas para a súa supervivencia,
ocasionando molestias aos veciños do municipio.
O control reprodutivo mediante a
aplicación de programas de captura, esterilización e solta (CES), é a solución
avalada por numerosos traballos de investigación (GEMFE-AVEPA, asociación de veterinarios
españois especializados en pequenos animais) e pola OMS (Organización Mundial
da Saúde) e supón unha boa política de control da poboación felina dende o
punto de vista da saúde pública e do benestar animal e que completa outras
medidas de potenciación da tenencia responsable de animais.
Unha colonia de gatos esterilizada xoga un
papel importante no control de roedores da zona. Ademais de mellorar as
condicións sanitarias da propia colonia, os programas CES favorecen a hixiene
do entorno ao reducir as conductas propias dos gatos non esterilizados. Alí
onde se extermina traumáticamente unha colonia, esta volve a reproducirse, a
poboación recuperarase a través do fenómeno coñecido como “o efecto baleiro”.
As evidencias científicas demostran que o
contaxio de gatos a persoas é altamente improbable seguindo unhas condicións
básicas de hixiene. Aínda así, o CES é un programa sanitario que permite que os
gatos da rúa estean sans, desparasitados, e NON constitúan ningún perigo
para a cidadanía, nin para a saúde pública.
A Declaración Universal dos Dereitos do
Animal, Tratados internacionais ratificados por España e os regulamentos e
Directivas comunitarias en protección animal contribuíron á necesidade de
establecer políticas eficaces de protección animal.
O programa CES é unha alternativa ética e
respectuosa que, en colaboración con voluntarios e entidades sen ánimo de
lucro, permite unha adecuada protección animal, resolvendo á vez as molestias
ocasionadas á veciñanza.
VANTAXES
O manexo das colonias felinas segundo o
método CES do GEMFE/AVEPA consistirá en:
A proba do FIV/FeLV non será un
procedemento estándar, aínda que si recomendable para que entre os propios
felinos non se contaxien.
O método de traballo consistirá en:
Por todo o anteriormente exposto, é polo que o Grupo Municipal de Esquerda Unida somete á consideración do pleno a aprobación da seguinte
PROPOSTA DE ACORDO
Instar ao goberno municipal a:
Os esquerdistas consideran a desaparición do mastro da goleta “Nieves” unha mostra do abandono, por parte do Concello, do patrimonio municipal.
Recordan que hai máis elementos patrimoniais que corren o mesmo risco e piden que se actúe no seu arranxo e/ou amaño.
O Grove, 15 de marzo de 2021.- Se hai máis dun ano foi o barco “Platuxa” o que, debido ao deterioro e á falta de mantemento, tivo que ser retirado de Punta Moreiras para rematar no esquecemento, a semana pasada tocoulle ao mastro da goleta “Nieves”, que desaparece tamén do entorno etnográfico de Moreiras logo de derrubarse, do mesmo modo que o “Platuxa”, debido ao deterioro provocado pola falta de mantemento, unha circunstancia que dende Esquerda Unida tachan de “grave e vergoñenta”.
Para o voceiro de Esquerda Unida, José Antonio Otero, “isto é unha nova mostra do abandono, por parte da Administración local, do noso patrimonio municipal”. “Estamos asistindo a un continuo deterioro dos elementos culturais da nosa vila, á súa falta de mantemento e conservación, e como consecuencia á súa desaparición”, sentencia Otero.
O esquerdista, recorda que isto non só sucede en Moreiras, pois son continuas as reclamacións que ten feito a súa formación en canto á conservación, mantemento e divulgación de moitos elementos culturais e patrimoniais do concello, “que no momento dinnos que actuarán, pero a realidade é que pasan os meses e continúan abandonados”, indica Otero, que pon como exemplo, ademais do sucedido en Moreiras, as diferentes fontes e lavadoiros do concello.
Recordan como logo de denunciar hai varios meses a situación da fonte do Naval e o lavadoiro de Paus en San Vicente ou o da fonte de Estonllo, estas continúan en estado lamentable, sen que exista ningunha previsión de arranxo ou amaño, coa única premisa de que “rematarán, ao igual que o “Platuxa” ou o mastro do “Nieves”, desaparecendo para perdurar, se cabe, tan só no recordo das veciñas e veciños da zona”, indica Otero.
Por ese motivo, Esquerda Unida propuxo hai un mes a constitución da Mesa da Cultura e o Patrimonio, “para, entre outras cousas, procurar a protección de todos os elementos da nosa cultura etnográfica, marítima, arquitectónica...” e por ese motivo seguirán insistindo na creación da mesma, ao tempo que reclama ao Concello “que non figure como mero espectador ao deterioro do noso patrimonio e que actúe, pois nestes casos é a súa competencia”, finaliza o voceiro esquerdista.
Gabinete de Prensa
Esquerda Unida O Grove
Imaxes actuais da fonte de Paus (San Vicente)