mércores, 25 de maio de 2011

Os carteis, as pancartas e o resto de material electoral pasou a historia

Rematada a campaña e o proceso electoral, Esquerda Unida do Grove retirou todo o material disposto polo Grove.

Os membros do colectivo local de Esquerda  Unida procederon, na tarde-noite de onte, a retirar todas as pancartas, os paneles e os carteis electorais de todos os puntos do concello, cumprindo así co compromiso adquirido, en asemblea, antes do inicio da campaña electoral. Deste modo, EU colabora coa conservación e limpeza dos espazos públicos, unha tarefa que seguiremos realizando nos seguintes procesos electorais.

Ningún comentario:

Publicar un comentario