martes, 30 de setembro de 2014
domingo, 14 de setembro de 2014
AGE anima a CRTVG a retransmitir os encontros da selección Galega de Fútbol Gaélico
O grupo parlamentario de Alternativa Galega de Esquerda, a través do deputado Juan Manuel Fajardo, proporá á CRTVG que retransmita os encontros amigables que as distintas categorías da Selección Galega de Fútbol Gaélico disputará no Grove ante os combinados irlandeses.
Foto Asociación Galega de Fútbol Gaélico |
AGE anima a CRTVG a retransmitir o encontro da
selección galega de fútbol gaélico para apoiar e fomentar o interese
por este deporte.
O deputado Juan Manuel Fajardo destaca que se trata dun deporte no que se enxalzan valores como a fraternidade, igualdade e solidariedade.
O deputado Juan Manuel Fajardo destaca que se trata dun deporte no que se enxalzan valores como a fraternidade, igualdade e solidariedade.
O grupo parlamentar de Alternativa galega de Esquerda (AGE) presentou unha pregunta dirixida á comisión da CRTVG na que se propón a retransmisión do encontro da selección galega de fútbol gaélico co obxectivo de fomentar o interese por este deporte. O fútbol gaélico conta en Galicia dende a súa chegada no 2010, coa creación do primeiro equipo no país (Fillos de Breogán da Coruña), cunha importante implantación, e neste ano comeza a liga con máis de 14 equipos entre femininos e masculinos.
O deputado de AGE, Juan Manuel Fajardo, destaca que se trata dun deporte que enxalza unha serie de valores, esquecidos na práctica de outros deportes excesivamente profesionalizados e competitivos, como a fraternidade, igualdade, solidariedade que está a facer que exista un forte crecemento dos seus practicantes e seguidores.
O vindeiro 4 de outubro, no Grove, a Selección Galega, recoñecida pola federación internacional deste deporte, vai disputar amigables nas distintas categorías cos combinados irlandeses. E por este motivo que o grupo parlamentar de AGE preguntará e animará a CRTVG a retransmitir este evento para dar pulo a este deporte no noso país.
Fonte: Alternativa Galega de Esquerda
Prensa:
Galicia Confidencial: Fútbol Gaélico na TVG?
xoves, 11 de setembro de 2014
Resposta ás acusación realizadas polo PSOE contra a nosa organización
O Grove, 10 de setembro de 2014. Desde a
Asemblea Local de Esquerda Unida do Grove queremos amosar a nosa sorpresa e
indignación polas acusacións realizadas pola Agrupación Local do PSdGPSOE,
liderada por José Antonio Cacabelos, ao noso grupo nun comunicado enviado aos
medios de comunicación no día de onte.
As
xentes de esquerdas
do Grove, e
as e os
militantes de Esquerda
Unida en particular, xa estamos
afeitos ás mentiras do PSOE e do seu voceiro municipal, mais non agardábamos
que se nos utilice agora como elemento de xustificación dunha postura respecto
do PXOM que xa teñen tomada hai máis de un ano, tal e como nos deron a coñecer
nunha reunión que si existiu realizada no mes de novembro do ano pasado na sede
local do PSOE e na que tentaron que Esquerda Unida e BNG nos convertéramos en
comparsas da súa política errática e de fantasía.
Desmentimos de xeito rotundo que teñan
existido reunións entre a nosa organización e o noso concelleiro co goberno
municipal para acordar absolutamente nada sobre o PXOM, e moito menos un apoio
incondicional, como afirma este grupo político, que máis ben parecen unha
comparsa, de xeito totalmente covarde, pois nin tan sequera se atreveron a
nomearnos no comunicado.
Tenta o señor Cacabelos converterse en líder
da oposición metendo ao BNG no seu xogo, cando son o grupo municipal con menos
traballo realizado nestes tres anos e medio
de mandato, a pesares de contar con seis concelleiros. Tanto Esquerda Unida, como
o BNG realizamos, con un só concelleiro cada un, un sen fin de propostas e iniciativas máis
que o grupo
socialista, que parece
desaparecido da vida
política municipal salvo para tentar manchar a imaxe dos demais coa fin
de tapar a súa ineptitude. As actas dos plenos están como testemuñas do que
afirmamos.
Esquerda Unida esixe unha rectificación
pública, que de seguro non haberá, por parte do PSdG PSOE. Nós estamos en
política para defender os intereses dos veciños do Grove, non para tapar as
vergoñas de ninguén.
Finalmente, informar de que o sentido do voto
do noso concelleiro no pleno no que se debaterá a aprobación inicial do PXOM
será decidida pola asemblea.
Asemblea Local de Esquerda Unida
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)