domingo, 21 de setembro de 2008

Chamado á solidariedade con Cuba tras paso de furacáns

O portal Cubainformación ubicou, na súa cabeicera, unha lista de números de contas bancarias de diferentes países do mundo, para canalizar a solidariedade material ao pobo cubano, tralo paso dos devastadores furacáns Ike e Gustav. Esta lista actualizaráse diariamente. Para ver este listado, pincha aquí.

venres, 19 de setembro de 2008

Llamazares acusa á actual dirección do PP de “traizoar a todos os concellos, incluídos os que goberna, por impulsar no Senado un novo Consello de política financeira local”

O coordinador xeral e deputado de Esquerda Unida, Gaspar Llamazares, acusa ao Partido Popular de “traizón a todos os Concellos, tamén a aqueles gobernados polo PP”, por impulsar a aprobación, onte no Senado, da proposta de crear un novo Consello de Política Financeira Local, á marxe do Consello de Política Fiscal e Financeira, no que xa están representadas tamén as Comunidades Autónomas e a Administración Central.

mércores, 10 de setembro de 2008

O Consello Local da Xuventude avanza no calendario anual de actividades

Prensa:

O Consello Local da Xuventude avanza no calendario anual de actividades

O concelleiro de Xuventude, Xan Lamelas, dou a coñecer aos membros do CLX, as diferentes actividades xuvenís previstas para o que resta de ano, ademais do borrador das bases para o concurso do logotipo para o consello sectorial. A xuntanza, á que so asistiron Enxebre e Xuventude Comunista, serviu tamén para ver algunhas das propostas dos colectivos de cara a confección do calendario anual de actividades, previsto para o 2009.

xoves, 4 de setembro de 2008

Aprázase o Con Negro Paraxe Festival 2008

Desde a Asociación Cultural Con Negro infórmannos de que por mor das choivas previstas para esta fin de semana, na que se tiña pensado celebrar a IV edición deste festival grovense, as actuacións e actividades previstas para esta edición adíanse para a vindeira fin de semana, os días 12, 13 e 14 de setembro.
Polo tanto, xa sabedes, o IV Con Negro Paraxe Festival realizarase tal e como estaba previsto, pero os días 12, 13 e 14 nas inmediacións da praia de Con Negro.