martes, 30 de abril de 2013

Resposta do Goberno municipal a unha das preguntas do noso concelleiro

Fai dous meses, o noso concelleiro solicitou no pleno, a través dun rogo, unha solución para o cruce da avenida Portugal coas rúas da Igrexa e Rosalía de Castro. Un cruce que estaba resultando un punto conflictivo para o trafico rodado, provocando máis accidentes dende que se cambiaron as sinais de Stop. Naquel momento, o tripartito recoñeceu o problema e prometeu solucionalo o máis axiña posible, devolvendo a preferencia do cruce ao seu estado anterior (preferencia de paso para os que circulan pola avenida Portugal). 

Dous meses despois, Xam Lamelas, volveu preguntar por esta cuestión no pleno de abril, xa que aínda non se lle dou solución. A resposta do Goberno deixounos sorprendidos, xa que alegaron a imposiblidade de realizar dito cambio por culpa da climatoloxía e que agora que remitiron as choivas non contan con persoal suficiente, polo cal agardarán a que comecen a traballar os empregados contratados pola Deputación.

sábado, 13 de abril de 2013

POLA III REPÚBLICA

Este ano conmemoramos o 82 aniversario da Proclamación da II República Española e afrontámola nuns momentos onde a situación social é de extrema gravidade, onde os gobernos tanto do PSOE coma do PP nos colocaron á mercede dos mercados, coa legalización da precariedade no emprego e na vida das persoas.