domingo, 22 de febreiro de 2009

Esquerda Unida desenvolverá un Plan de Emprego

No acto sectorial de emprego de Esquerda Unida no que participou o dirixente federal Ángel Pérez, de Esquerda Unida avanzou a sía aposta por unha ampla política de axudas financeiras ao través dos instrumentos públicos do ICO e das caixas para garantir liquidez as pequenas e medianas empresas, que como suliñou Javier Galán xeran o 90% do emprego total.

ESQUERDA UNIDA LEVA AO PARLAMENTO EUROPEO O DEBATE SOBRE AS CONSECUENCIAS DA CRISE NOS TRABALLADORES DO SECTOR AUTOMOBILÍSTICO GALEGO

Willy Meyer reuniuse esta mañá con Juan Manuel Fajardo, candidato de Esquerda Unida pola provincia de Pontevedra. A reunión de traballo permitiu perfilar unha serie de iniciativas concretas que se porán en marcha de forma inmediata, como resposta ás consecuencias da crise económica, que azouta con especial dureza á Comunidade galega, onde a pobreza e a exclusión social afectan ao 20% dos fogares, cun total de 201.316 parados, e onde se duplica a taxa de precariedade laboral da Unión Europea. Na reunión celebrada en Bruxelas, participou tamén Joan Josep Nuet, Senador de Esquerda Unida, quen explicou á prensa que ” puxemos en común unha acción coordinada as delegacións de EU no Parlamento Europeo, o Congreso dos deputados, o Senado e Esquerda Unida, para situar a Galicia no centro do debate”.

domingo, 15 de febreiro de 2009

Yolanda Díaz, reclama melloras e igualdade salarial en mulleres e homes

Yolanda Díaz deseñou en Mos e no Grove as bases do modelo económico e produtivo de Esquerda Unida, alternativa real ao modelo depredador do capitalismo que nos levou até a crítica situación actual de abafo para a clase traballadora. O modelo de Esquerda Unida quere o control público e social da economia a partir da planificación democrática e a intervención de traballadores e traballadoras no excedente que se produza. Un modelo de emprego harmonizado coa sustentabilidade, coa capacidade de reposición dos recursos da terra.

Os cabezas de lista de Esquerda Unida ofreceron un mitin no Grove

Prensa:
Os cabezas de lista de Esquerda Unida ofreceron un mitin no Grove

Yolanda Díaz criticou a nula capacidade do bipartito para solucionar os problemas laborais de Galicia. Esquerda Unida avoga por “un modelo económico e produtivo alternativo ao modelo depredador do capitalismo que nos levou á crítica situación actual”.
Texto: J. Otero | Fotos: M. Muñiz/L. Prieto

xoves, 12 de febreiro de 2009

Sábado 14 de Febreiro, mitin de Esquerda Unida no Grove

Este sábado, día 14 de febreiro, ás 12 horas da maña, Esquerda Unida presentará o seu programa electoral aos veciños e veciñas de O Grove.



Estarán presentes no acto, que se celebrará nas instalacións da Confraría de Pescadores de San Martiño, na Praza do Corgo, a candidata á Presidencia da Xunta de Galicia, Yolanda Díaz, o cabeza de lista pola provincia de Pontevedra, Juan Fajardo, e o concelleiro de EU no Grove e candidato, Xan Lamelas.

martes, 10 de febreiro de 2009

Esquerda Unida reunirase coa Confraría de Pescadores San martiño do Grove

Candidatura
Mañá, mércores día 11, a partir das 18:30 horas, dirixentes e candidatos de Esquerda Unida reuniranse con representantes da Confraría de Pescadores San Martiño do Grove para recoller as demandas do sector mariñeiro e expoñer o programa desta formación en materia de pesca e medio ambiente.

luns, 9 de febreiro de 2009

Cayo Lara presenta o plan económico alternativo de IU para que logren emprego máis dun millón de parados, “fronte á parálisis dun goberno que só ofrece desesperanza”

Entre os obxectivos do documento ‘Contra a crise, crear emprego’, que mañá aprobará o Consello Político, está crear unha prestación de 600 euros mensuales para as máis de 800.000 familias con todos os seus membros en paro, garantir os créditos para as Pymes que non despidan ou prohibir os ERE ás empresas con beneficios.

martes, 3 de febreiro de 2009

Unha chamada a mobilización e a rebeldía fronte a alternancia política

Esquerda Unida aprobou no seu Consello Político Nacional un lema de campaña que xogará con dous eixos da tradición da esquerda transformadora: ser a voz e o pensamento crítico, que revela un modelo de sistema, o capitalista, insostible e inxusto; e servir de instrumento organizado para a a clase obreira que quere rebelarse contra o mesmo pero necesita de forzas que, como EU-IU revelan e rebelan fronte a alternacia política incapaz de afondar na construcción de outro modelo económico e social.