sábado, 31 de agosto de 2019

Esquerda Unida pregunta pola situación da Escola de Música no vindeiro curso

Escola de Música Jose Silva Torres. Foto: La Voz de Galicia
O Grupo Municipal de Esquerda Unida denuncia que o contrato de explotación do servizo expirou en novembro do pasado ano e a día de hoxe non se convocou un novo concurso.

José Antonio Otero recorda que o servizo xa funcionou o pasado curso de forma irregular e pregunta se vai seguir así nesta nova tempada escolar.

O Grove, 30 de agosto de 2019.- Os concelleiros do Grupo Municipal de EU, José Antonio Otero e Ana Cristina Domínguez veñen de solicitar por rexistro información sobre a situación na que se atopa a Escola de Musica municipal. E é que segundo os esquerdistas o contrato coa empresa que realizaba os servizos no pasado curso, finalizou en novembro de 2018 sen que o concello o sacase novamente a concurso.

José Antonio Otero recorda que no pleno de febreiro deste ano preguntou en que situación se atopaba a escola de música municipal e se funcionaba de forma ilegal e/ou irregular trala finalización do contrato en novembro do 2018, pois o servizo seguía funcionando coa mesma empresa. Segundo Otero, a concelleira responsable, por aquel entón Pili Galiñanes, dixo nese pleno que a Escola de Música municipal estaba funcionando de forma irregular, pero non ilegal. Indica o voceiro de Esquerda Unida que Galiñanes afirmou que os servizos municipais non foran quen de preparar a tempo os pregos para unha nova licitación polo que optaron por continuar o servizo ata finalizar o curso e que realizarían o novo concurso público para que o servizo estivese funcionando no comezo da nova tempada escolar. "Pero a día de hoxe non existe esa convocatoria nin os pregos de condicións para que calquera empresa interesada poida facerse co servizo" sentencia Otero. Por ese motivo, o Grupo Municipal de Esquerda Unida rexistrou unha serie de preguntas para coñecer se dende o concello “teñen intención de sacar a concurso o servizo ou se o van a adxudicar a dedo". Así mesmo queren saber en que momento comezarán as clases, "porque se deciden sacalo a concurso, que é como ten que ser, entendemos que non daría tempo a comezar a mediados de outubro, coma os outros anos" conclúe Otero.

Pregunta EU, min. 1:45:46
Resposta concelleira, min. 2:42:08

Gabinete de Prensa

Esquerda Unida O Grove

mércores, 28 de agosto de 2019

Foto denuncia EU - Problemas no acceso as vivendas nos Pardiños


🗣A veciñanza dos Pardiños advírtennos do risco ⚠️existente nun camiño que polas súas características resulta perigoso para acceder en coche🚗 as súas vivendas🏘.

🖊🚨Piden que o concello actúe mellorando o vial, que se atopa nun estado lamentable, e medidas de seguridade para ter acceso con garantías.

#euogrove #fotodenuncia #TodosOsBarriosContan #seguridadeviaria#pardiños

Foto denuncia EU - Fontes públicas sen auga (Solucionado)


🙌#fotodenuncia Solucionada!!

⛲️A fonte do Paseo de Lordelo e a do parque de Terra de Porto, volven ter auga‼️👍
 
💙Unha man de pintura sería perfecta para rematar ben o traballo.

#euogrove #auga #fontes #DemandasDaVeciñanza #TodolosBarriosContan

👉  ver fotodenuncia

martes, 20 de agosto de 2019

Foto denuncia EU - Perigo nun tramo da beirarrúa da Teniente Domínguez por mor da maleza (Solucionado)


⚠️Un veciño da rúa Tte. Domínguez advertíanos do perigo existente nun tramo da beirarrúa ao non apreciarse o desnivel do terreo por mor da maleza.

📧Puxémolo en coñecemento da concellaría correspondente e tralo aviso procederon á limpeza do lugar.

#fotodenuncia #solucionada #limpeza #mantemento #euogrove

Esquerda Unida insta ao goberno municipal a mellorar a seguridade da rúa Entrehortas

Beirado dunha vivenda da rúa Entrehortas danado por un vehículo.
Foto: @EUOGrove
O Grupo Municipal de Esquerda Unida volve reclamar unha actuación na rúa que une Conricado coa Luís Antonio Mestre para mellorar a seguridade dos viandantes. 

Advirten de que están circulando vehículos que superan as medidas da rúa, provocando danos continuos nas vivendas alí existentes e piden que cando menos se instale un sinal indicando as medidas máxima do vial para evitar esta situación.

O Grove, 19 de agosto de 2019.- Co peche do tramo da rúa Castelao ao tránsito de vehículos no ano 2017 e a habilitación do aparcamento en Entrehortas, a rúa que transita dende Conricado ata Luís Antonio Mestre sufriu un aumento de tráfico que se ve agravado nas épocas de afluencia turística. Unha circunstancia que, segundo indican dende Esquerda Unida, está a provocar unha gran inseguridade para a veciñanza e viandantes pois “a rúa é estreita e non cumpre coas medidas precisas para a convivencia de vehículos e peóns”. Isto xa foi advertido en varias ocasións polos concelleiros esquerdistas no anterior mandato, que solicitaron unha actuación urxente nesa zona, a cal non foi atendida polo goberno, a tenor do que agora denuncian dende as filas esquerdistas. E é que dende a formación liderada por José Antonio Otero, indican que a situación agrávase cando por esta rúa circulan vehículos de maior tamaño que o que a priori permite a casuística da vía, provocando que moitos queden atrapados no seu traxecto e incluso, como sucedeu estes días, causen danos nos beirados das vivendas alí situadas. 

Unha situación que Esquerda Unida indica se repite cada certo tempo, “pois como non existe ningunha sinalización advertindo do ancho e alto máximo da vía, métese todo o mundo, sexa para ir ao aparcamento de Entrehortas ou para regresar á rúa principal”. Na última semana foron as veciñas e veciños os que tiveron que mediar para evitar que as tellas dunha vivenda chegasen a caer sobre vehículos e viandantes logo de que un camión, que superaba as medidas da rúa, danara a fachada dunha das vivendas alí situadas. “Polo que nos di a veciñanza, isto sucede continuamente dende que se pechou a Catorse e evitaríase cun simple sinal” indican dende Esquerda Unida.

É por iso, que os concelleiros de Esquerda Unida, José Antonio Otero e Cristina Domínguez, pediron por rexistro que o concello actúe canto antes para dar maior seguridade á rúa de Entrehortas e aos seus viandantes e que, como medida urxente, se instalen sinais indicadores das medidas máximas para a circulación de vehículos por este tramo que evite que queden atoados ou causen danos ás vivendas. 

Gabinete de Prensa
Esquerda Unida O Grove

luns, 19 de agosto de 2019

Foto denuncia EU - Seguridade na rúa Entrehortas


🗣️A veciñanza da Rúa Entrehortas advierte do perigo que supón o paso de vehículos que superan as medidas da rúa.

🚛 Reclaman se instale un sinal indicando as medidas máximas da vía para evitar continuos danos nas vivendas.

xoves, 15 de agosto de 2019

Foto denuncia EU - Lamentable estado da inaugurada pista de Skate


🛴O pasado 13 de xullo o Concello do Grove inauguraba a pista de skate da Praza do Corgo. 

🤔Un mes despois a veciñanza prengúntase; se está inaugurada por que semella estar en obras

martes, 13 de agosto de 2019

Foto denuncia EU - Paneis informativos destrozados


🛎️#fotodenuncia de hoxe adicámolo a dous dos lugares máis visitados do Grove. 

📸Esta é unha pequena mostra do que se poden atopar os turistas na nosa localidade.

Foto denuncia EU - Maleza no barrio de Meloxo (Solucionado)


#fotodenuncia SOLUCIONADA‼️ 🙌 

✍️O 18 de xullo insistiamos no estado de abandono das rúas do barrio de Meloxo.

 A veciñanza agradece poder camiñar polas súas rúas libres de maleza.

luns, 12 de agosto de 2019

Foto denuncia EU - Inundacións na rúa Irmáns Otero Goday


🌧As choivas dos últimos días provocaron unha balsa de auga de grandes dimensións na rúa Irmáns Otero Goday que inhabilitou o paso de peóns e o lugar de estacionamento.

🗣 Os veciños do lugar e os usuarios da Casa da Terceira Idade solicitan con urxencia a limpeza da canalización que permita á auga da choiva chegar ao mar.

Foto denuncia EU - Colectores vidro sen recoller


👎Os hostaleiros trasládannos o seu malestar pola falta de previsión que a semana pasada provocaba o desbordamento dos colectores do vidro do centro do pobo. 

🚮♻️A chegada do verán e o aumento da actividade turística obrigan a reforzar os servicios de limpeza e a recollida de vidro, sobre todo nas rúas onde se concentran en maior número os establecementos de hostalería.

domingo, 11 de agosto de 2019

Foto denuncia EU - Retirada dos bancos da explanada do Corgo


💁‍♀️💁‍♂️A veciñanza pregúntase que pasou cos bancos da explanada do Corgo Por que ninguén os devolve ao seu lugar

😳Os unicos 3 bancos que quedaban nesa explanada foron desprazados a outra zona próxima deixando aos habituais usuarios sen o seu asento. 

📍A colocación de bancos nesta zona é unha solicitude que Esquerda Unida fixo en repetidas ocasións nos últimos anos. Agora xa non é quen non se poñan máis bancos, senón que se permite quitar os poucos que quedaban.

xoves, 8 de agosto de 2019

Foto denuncia EU - Elementos de xogo do parque infantil do Corgo rotos (solucionado)


 #fotodenuncia do 5 de xullo SOLUCIONADA‼️

🙌Nada nos alegra máis que ver aos usuarios do parque da Praza do Corgo xogar seguros despois dun mes de espera☺️.

mércores, 7 de agosto de 2019

Foto denuncia EU - Diferentes fontes públicas sen auga


🌡Nos meses de verán☀️ o acceso á auga é moi importante, sobre todo para os máis pequenos e os maiores🚰

⛲️No Grove hai fontes repartidas polos lugares máis transitados, A veciñanza pregunta para que vale unha fonte sen auga?

martes, 6 de agosto de 2019

Foto denuncia EU - Acceso á praia da Lavaxeira pechado


🚧No día de onte, usuarios da praia da Lavaxeira atopáronse co acceso👣á mesma pechado.

🙄Non é normal que en pleno agosto se realicen este tipo de tarefas nos accesos ás praias, 👨‍💼isto atende unicamente a unha falta de previsión deste goberno que non deixa de ser o mesmo que no anterior mandato.

Sempre poden botarlle a culpa á herdanza recibida🥳

xoves, 1 de agosto de 2019

Foto denuncia EU - Adecuar o estanque de Beiramar


📄Recuperamos un rogo presentado no pleno do 28 de Xullo do 2016 solicitando que se adecuara o estanque de Beiramar

📣Xa que non foi atendido polo goberno anterior👎, queremos recuperalo para que o teña presente o novo goberno☝️