mércores, 8 de xuño de 2011

Esquerda Unida finaliza as negociacións e reunirá a candidatura mañá para ratificar os acordos

A falta de asinar o documento oficial do pacto de goberno, Esquerda Unida dá por rematadas as negociacións co PSOE e o resto dos grupos que supostamente apoiarán a embestidura de José Antonio Cacabelos. 

Na tarde-noite de mañá os membros da Candidatura reuniranse para coñecer, da man da comisión negociadora, o sucedido nas últimas reunións e ratificar así os acordos tomados co PSOE para dar o voto a favor da embestidura de Cacabelos como Alcalde do Grove. Ante todo, Esquerda Unida quere deixar claro, que no suposto de que o PSOE non reúna as forzas suficientes para lograr a alcaldía, non será polo noso concelleiro, José Antonio Taboada Magdalena.

Así mesmo, no momento en que se asine o documento do pacto publicarémolo nesta mesma web e, trala sesión de embestidura, Esquerda Unida realizará unha asemblea aberta a toda a veciñanza para dar a coñecer o mesmo e informar dos acordos que esta organización tomou co PSOE, os cales serán para os catro próximos anos .

Ningún comentario:

Publicar un comentario