O Alcalde do Grove, Miguel Angel Pérez, ven de propoñer para o vindeiro pleno a subida do seu soldo, pasando dunha dedicación parcial a unha dedicación exclusiva. A suba supón un incremento de preto do 400%, o que en datos se traduce nun aumento de 800 € mensuais a máis de 3.150 €. Isto incremente bastante o gasto municipal do actual tripartido, onde todos os seus membros están remunerados, e supera con creces o gasto do anterior goberno.
CRONOLOXÍA
23/07/2011 O Goberno tripartito liderado polo PP aproba, co voto en
contra da oposición (EU, PSOE, BNG), as retribución en réxime de dedicacións
exclusivas e parciais dos nove membros do Goberno municipal por primeira vez na
historia do Grove. Neste reparto o Alcalde dedicaríase tan só un cuarto de
xornada aos labores municipais. O Alcalde sinalou
como exercicio de austeridade o menor custo para as arcas municipais
respecto ao anterior mandato.
30/08/2011 O Alcalde Miguel A. Pérez e o Concelleiro de Facenda
Juan Luís Callón anuncian en rolda de prensa a “preocupante situación de afogamento financeiro” do Concello, e
anuncian que se tomarán “medidas
centradas na contención do gasto”.
29/09/2011 O Goberno tripartito liderado polo PP aproba, co voto en
contra da oposición (EU, PSOE, BNG), á suba
do IBI e IVTM.
27/10/2011 O Goberno tripartito liderado polo PP presenta a Pleno a
proposta de elevar o salario do Alcalde
de 800 euros mensuais a 3153,54 euros mensuais, o que supón unha suba de preto
do 400%, e elevando o gasto do goberno en salarios de 107.000 euros anuais a
139.975.92 euros anuais, sendo o gasto
superior que o do anterior Goberno.
O Grove, 24/10/2011
Desde Esquerda Unida queremos denunciar a desvergonzada actitude do Goberno
tripartito liderado polo PP no tocante á xestión financeira e execución do
gasto municipal. En tan só cinco meses de novo goberno, podemos observar como o
equipo liderado por Miguel A. Pérez recorreu a unha elaborada e retorcida
estratexia para xustificar o aumento do gasto en retribucións aos membros do
goberno local disfrazándoo de exercicio de austeridade, faltando así ao
respecto de todos os veciños e veciñas do Concello do Grove.
En agosto deste mesmo ano, tivemos que ler a través da
prensa (aínda non se informou aos voceiros da oposición da situación real das
contas do Concello), anunciado polo Alcalde e o Concelleiro de Facenda, que O
Grove atopábase nunha grave situación de “asfixia financeira”. Nesa rolda de
prensa anunciaron que se tomarían “medidas centradas na contención do gasto”.
Realmente temémonos que iso sexa así e se comecen a reducir servizos prestados
polo Concello, como a escola de adultos, e así o denunciamos a través dun
comunicado de prensa. Pola contra, o Goberno tripartito liderado polo PP optou
por outro tipo de medidas non anunciadas: suba de impostos e elevación do gasto
dos membros do Goberno. Non só o PP ten que “pagar” o voto na investidura dos
concelleiros do PGD e AMeca, senón que por primeira vez na historia do noso
Concello todos os membros do Goberno municipal están retribuídos
economicamente.
Tendo en conta que o equipo de Pérez ten que lidar cun
orzamento prorrogado, tiveron que recorrer a outras arcas públicas distintas
das municipais para saciar apetito económico do Alcalde. Durante estes primeiros
meses, o Alcalde dedicouse soamente un cuarto de xornada laboral ás tarefas
municipais, co seu salario acorde, aforrando así os cartos necesarios para
poder elevar o gasto dos órganos de goberno sen ter que modificar a partida
orzamentaria e retrotraer cantidades de outras partidas durante este ano. É
aberrante esta actitude ao noso entender, tendo en conta a situación de crise
capitalista que estamos a vivir e as súas consecuencias nos recursos económicos
das administracións públicas, froito das políticas neoliberais levadas a cabo
polos diferentes goberno dos PP e PSOE, sendo o peor o drama do desemprego que
están a pasar moitas familias, o cal non están tendo en conta os membros do
Goberno tripartito.
Preguntámonos cal é a postura da Concelleira Aida Filgueira,
quen no anterior mandato criticou con dureza o gasto derivado das liberacións
de dous concelleiros do Goberno municipal, chegando a propoñer no Pleno unha
moción na que se solicitaba a retirada de polo menos un dos dous salarios, por
entender que non estaban xustificados. ¿Está xustificado o seu salario tendo en
conta que o seu proxecto estrela, o Centro de Día, converteuse en fume xa no
mes de xuño, e para cuxo traballo conta coa axuda dunha asesora? Tamén Alfredo
Bea anunciou despois das eleccións que ía “traballar menos e ser máis
político”. O primeiro está a cumprilo ¿está entón xustificado o seu salario?
Esquerda Unida nunca estivo e nunca estará en contra da
dedicación exclusiva dun Alcalde, sexa do color político que sexa. O que non é
de recibo é que primeiro se predique unha cousa e logo se faga outra. Por este
motivo, o noso concelleiro emitirá o seu voto en contra da subida do soldo do
Alcalde no vindeiro pleno.
O que está claro é que ningún dos membros do actual Goberno
tripartito nin os seus grupos políticos teñen a suficiente catadura moral para
representar á cidadanía do Concello do Grove.
GOBERNO
|
Liberados
|
Salario anual
|
Diferenza do
goberno actual co anterior
|
PSOE-BNG-PG
(ano 2010)
|
3
|
≈ 128.500 €
|
|
PP-PGD-Ameca (xuñ’11 a out’11)
|
9
|
≈ 107.000 €
|
≈ - 21.500 €
|
PP-PGD-Ameca (nov’11 a …)
|
9
|
≈ 140.500 €
|
≈ +12.000 €
|
GOBERNO
|
Liberados
|
Salario + Seg. Social anual
|
Diferenza do goberno
actual co anterior
|
PSOE-BNG-PG
(ano 2010)
|
3
|
≈ 173.500 €
|
|
PP-PGD-Ameca (xuñ’11 a out’11)
|
9
|
≈ 144.500 €
|
≈ - 29.000 €
|
PP-PGD-Ameca (nov’11 a …)
|
9
|
≈ 189.000 €
|
≈ +15.500 €
|
Ningún comentario:
Publicar un comentario