O Grove 30-8-2011.- Desde a agrupación local de Esquerda Unida do Grove mostrámonos preocupados polas declaracións do goberno municipal en realción coa suposta asfixia financieira do noso Concello.
Cando hai apenas tres meses nos presentamos ás eleicións municipais, todas as agrupacións e partidos políticos eramos conscientes da situación económica tanto do Concello como da economía en xeral, e sabedores da redución de ingresos que as administracións públicas ían sufrir. Non pode ser pois sorpresa para o tripartito a redución de ingresos municipais.
Por outra banda, vemos que as cifras que se mostran están deseñadas para crear un estado de alarma para xustificar a redución drástica de servizos municipais. Por exemplo, non pode ser un imprevisto o incremento do IVE (medida regresiva que grava por igual o consumo de ricos e pobres) cando é unha medida anunciada en setembro de 2.009 e que entrou en vigor en xullo de 2.010, hai máis de un ano.
Instamos ao goberno tripartito a traballar nos orzamentos de este ano 2.011, e convocar xa aos voceiros dos distintos grupos políticos para poñernos a traballar nelo, para ter un orzamento que realmente se axuste á realidade actual e non un orzamento deseñado para o ano pasado como temos actualmente prorrogado, sendo lóxicos entón estos desfases dos que se falan.
Solicitamos ao tripartito que nestas xuntanzas se nos comunique aos grupos da oposición cales son esas medidas que pretenden adoptar para afrontar a redución de ingresos, apostando nós por un novo modelo fiscal no que se graven máis ás rendas máis altas e se deseñen medidas para aliviar ás familias con menos recursos, ademáis de poñer freno á política recadatoria actual de multas indiscriminadas, entre outras medidas, como pode ser a redución de gasto en dedicacións parciais e exclusivas do goberno, onde algúns dos seus membros cobra máis de un salario de distintas administracións públicas.
José Antonio Taboada
Concelleiro de EU
Ningún comentario:
Publicar un comentario