A
situación económica actual de crise do sistema capitalista de produción
non a creamos os traballadores e traballadoras. Foron as políticas de
corte neoliberal levadas a cabo por parte dos gobernos do PP e do PSOE
nas distintas administracións públicas as que puxeron en marcha a
maquinaria de destrución do Público, reducindo a capacidade de maniobra
das adminstracións públicas á hora de dar resposta ás necesidades dos
cidadáns, chegando ata o golpe de estado institucional perpetrado polos
representantes da Banca e as grandes empresas, que son o PP e o PSOE,
constitucionalizando a ideoloxía neoliberal pola vía de urxencia, sen
tan sequera consultar á cidadanía, non fora ser que a democracia se
interpuxera no seu camiño de destrución e imposición.
venres, 30 de setembro de 2011
xoves, 29 de setembro de 2011
EU critica a concesión de axudas a entidades que non presentaron a solicitude en prazo
mércores, 28 de setembro de 2011
Rogos e Preguntas de EU-IU á Sesión Plenaria de setembro
Na vindeira Sesión Plenaria, a do 29 de setembro, Esquerda Unida realizará catro preguntas, a primeira delas solicitando explicacións sobre a demora nas respostas aos Rogos e Preguntas do Pleno de xullo. Ademais presentaranse oito rogos para dar solución a diferentes problemas existentes no noso concello.
Esquerda Unida abre un buzón para que os veciños trasladen as súas problemáticas
Co propósito de que as problemáticas do pobo e dos veciños cheguen ao pleno do
concello, dende Esquerda Unida abrimos unha nova ventá a través da nosa web
–http://euogrove.blogspot.com–.
No apartado “Buzón-Rogos”,
os veciños poderán facernos chegar as súas queixas, ou preguntas para que o
nosos concelleiro as traslade ao seo do pleno, co fin de buscar unha solución
ou cando menos unha resposta.
domingo, 25 de setembro de 2011
Rubén Pérez encabezará a candidatura provincial de Esquerda Unida
A convención provincial de ESQUERDA UNIDA acordou onte en Vigo presentar como cabeza de lista para as vindeiras eleccións xerais a Rubén Pérez Correa, actual coordinador local en Vigo, membro do Comité Federal do PCE. Licenciado en Historia, traballa actualmente nunha empresa de informática. As candidaturas ó Congreso e Senado aprobadas supoñen unha renovación do 80% respecto das pasadas eleccións, cunha ampla participación da mocidade.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)