xoves, 31 de maio de 2012

Cayo Lara reprocha ao PSOE que "estea nunha 'política de reciclaxe' e se teña posto a remolque de IU" ao pedir agora que a Igrexa pague o IBI.

Fonte: Izquierda Unida
O coordinador federal recorda varias iniciativas executadas desde hai tempo por Izquierda Unida, entre elas a moción que leva xa semanas impulsando nos concellos en relación co pagamento do imposto polos bens inmobles da Igrexa.

Rogos e Preguntas á sesión plenaria do 31 de maio

No pleno deste xoves 31 de maio, ademais das dúas mocións que, por abandono do Tripartito, teñen que ir por vía de urxencia, ao non ser incluílas na orde do día -cando foron presentadas por Rexistro dentro do prazo establecido-, Esquerda Unida realizará tres rogos e tres preguntas a este Goberno. Agardamos lle dean solución ás nosas demandas e nos respondan ás preguntas.

martes, 29 de maio de 2012

Esquerda Unida do Grove comentará por twitter os plenos do concello

A partir do pleno deste mes, que se celebrará o xoves 31, a corporación local de EU levará estes actos desde a súa conta de twitter (@euogrove) a todos os seus followers para así loitar coa barreira informativa que sofre dos medios de comunicación, que pasan por alto as iniciativas e intervencións do noso concelleiro, José Antonio Taboada.

domingo, 27 de maio de 2012

O arousán Juan Fajardo encabezará a candidatura de EU ao Parlamento galego por Pontevedra

Hoxe tivemos a sorte de poder acudir á convención provincial de ESQUERDA UNIDA en Vigo na que se presentaba como cabeza de lista para as vindeiras eleccións autonómicas a Juan Fajardo Recouso, actual concelleiro en Vilagarcía de Arousa e traballador Informático, aínda actualmente atópase no paro. Acompáñao como número 2 da candidatura a viguesa Eva Solla, enfermeira e responsábel da área de Saúde e Benestar Social en Vigo, traballadora do SERGAS. A candidatura aprobada supón unha renovación do 80% respecto das pasadas eleccións e conta cunha ampla participación da mocidade. Dita candidatura aínda deberá ser ratificada polo Consello Político Nacional de Esquerda Unida.

sábado, 26 de maio de 2012

Esquerda Unida do Grove presentará unha moción para eliminar os privilexios da igrexa católica respeto o imposto de bens inmobles.

O concelleiro de Esquerda Unida do Grove, José Antonio Taboada, propondrá no pleno que se celebrará o 31 de Maio que o Goberno Central modifique a lei que exime á igrexa católica do pago do IBI (Imposto sobre Bens Inmobles). Foi o aumento deste imposto (entre o 4 e o 10%) a principal medida tributaria para correxir o déficit público, consecuencia das inadecuadas políticas económicas neoliberais dos partidos maioritarios e que inxustamente recae sobre as costas da cidadanía.

venres, 25 de maio de 2012

Esquerda Unida do Grove propón unha normativa reguladora para levar a cabo acollementos civís no concello.

O acollemento civil é unha cerimonia de ámbito puramente civil, público e compatible con calquera outra cerimonia privada, relixiosa ou non, de acollemento e presentación de recén nacidos, na que os pais e padriños asumen o compromiso de velar pola educación do neno/a e defender os dereitos do menor.

A solución chapuza para apaciguar as críticas vertidas sobre o tamaño das árbores do paseo de Lordelo.

O martes puidemos leer que un medio local facíase eco do malestar da veciñanza polo tamaño que alcanzaban as árbores nalgunhas zonas da vila e que obstaculizaban o tránsito de peóns e usuarias/os de bicicletas. Concretamente as árbores do paseo de Lordelo-Terra de Porto era branco de todas as críticas. Desde Esquerda Unida entendemos que estos comentarios estaban ben fundamentados pois non só afectaban á estética do lugar e daba un aspecto descoidado e abandonado, senon que poñía en perigo ás usuarias/os e privaban ás veciñas/os dun servizo público.

martes, 1 de maio de 2012

DE MOBILIZACIÓN E LOITA POLO EMPREGO, OS DEREITOS LABORAIS E OS SERVIZOS PÚBLICOS

Este 1º de Maio enfrontámonos ao ataque máis brutal e antidemocrático que sufrimos os traballadores e traballadoras en moito tempo. Presentan medidas contra a crise que son só un intento de rapina sobre salarios, as conquistas da clase traballadora e os dereitos sociais. Non importan as persoas e os seus dereitos, senón o beneficio dos bancos e as multinacionais.