NOTA DE PRENSA
O Grove, 28 de xuño de 2.013.- Desde que o goberno tripartito que dirixe actualmente
O Grove tomara posesión hai agora dous anos, vén sendo unha constante en todas
as sesións plenarias o desprezo e o entorpecemento do labor dos concelleiros da
oposición. O alcalde Pérez e algúns membros do seu goberno, como o señor Bea ou
o señor Callón, teñen por costume interromper as intervencións dos concelleiros
que realizan a súa función fiscalizadora do goberno e a presentación de
propostas e iniciativas que consideran oportunas para os intereses dos veciños
e veciñas d’O Grove.