mércores, 25 de maio de 2011

Os carteis, as pancartas e o resto de material electoral pasou a historia

Rematada a campaña e o proceso electoral, Esquerda Unida do Grove retirou todo o material disposto polo Grove.

Os membros do colectivo local de Esquerda  Unida procederon, na tarde-noite de onte, a retirar todas as pancartas, os paneles e os carteis electorais de todos os puntos do concello, cumprindo así co compromiso adquirido, en asemblea, antes do inicio da campaña electoral. Deste modo, EU colabora coa conservación e limpeza dos espazos públicos, unha tarefa que seguiremos realizando nos seguintes procesos electorais.

Agradecemento ao electorado

O Colectivo Local de Esquerda Unida do Grove, a través da súa asemblea, quere amosar o seu máis sincero agradecemento a todos aqueles veciños e veciñas que o pasado domingo 22 depositaron a súa confianza na nosa candidatura en forma de voto.

Desde Esquerda Unida queremos facerlles saber a todo eles que a nosa representación no concello estará, dende o inicio ata o fin do mandato, acorde cos nosos compromisos de campaña, o noso programa e por riba de todo na defensa dos intereses dos veciños do noso concello, sempre desde a nosa óptica de esquerdas.

venres, 20 de maio de 2011

"Ya sea por acción o por omisión de EU, el PP no va a acceder a la Alcaldía"

Prensa:
José Antonio Taboada Magdalena - Candidato de Esquerda Unida (EU)
"Ya sea por acción o por omisión de EU, el PP no va a acceder a la Alcaldía"
"Esperamos aumentar nuestra representación, pero es decisión de los vecinos"

Faro de Vigo. MANUEL MÉNDEZ - O GROVE 

domingo, 15 de maio de 2011

Neno: “Temémonos que no PSOE siga habendo medo ao PXOM”

 Prensa:
 Neno: “Temémonos que no PSOE siga habendo medo ao PXOM” 

 Todogrove.com | domingo, 15 de mayo de 2011
Distanciado dos estereotipados eslóganes, o candidato a alcaldía de Esquerda Unida, José Antonio Taboada Neno é prolífico en antecedentes á hora de dar resposta as cuestións formuladas. Por iso, nesta entrevista concedida a TODOGROVE:COM, non dubida en retrotraerse nada menos que 28 anos para deixar patente o “medo” dos socialistas en levar adiante o Plan Xeral de Ordenación Municipal. A Casa da Cultura Manuel Lueiro Rey acolleu este domingo o mitin central da formación, ao que asistinron unhas oitenta persoas.
Texto: I. Rodríguez | Fotos: M. Muñiz

sábado, 14 de maio de 2011

«Os únicos empregos que creou este goberno foron os liberados»

Prensa:
Candidato de esquerda unida no grove«Os únicos empregos que creou este goberno foron os liberados»
 
Neno asegura que as expectativas de EU pasan por recuperar os seus dous concelleiros na corporación meca 
s. gonzález, a. garrido. vilagarcía / la voz.14/5/2011 
O reto non é doado, pero Taboada está convencido de que EU volverá ser un referente na esquerda meca logo do 22-M. 

venres, 6 de maio de 2011

Programa Electoral Esquerda Unida O Grove. Municipais 2011

 Emprego
  • Impedir a utilización das ETT’s. Que non reciban nin un só euro do Concello.
  • Creación da Empresa Municipal de Servizos.
  • Creación dunha normativa que penalice ás empresas con altos graos de eventualidade nas relacións comerciais, ou contratación de obras, con Concello.
  • Creación de bolsas de emprego locais que prioricen as necesidades sociais e non sexan fontes de enchufismo político.
  • Apoio ao pequeno comercio como forma de manter cohesión social.
  • Aposta polos novos xacementos de emprego, continuando as políticas iniciadas por EU no goberno local.
  • Recuperar a xestión pública de servizos privatizados.