28 setembro 2007

Aprobada a proposición non de Lei referida ao Pazo de Meirás, presentada polo Grupo Parlamentario de Izquierda Unida

Ao longo dos corenta anos da ditadura de Francisco Franco que padeceu España, houbo unha confusión interesada e continuada entre o público, o patrimonio do Estado, e o privado, propiedade do ditador e, polo tanto, tras o falecemento, dos seus herdeiros.Parte do Patrimonio do Estado pasou a formar parte do patrimonio particular desta familia, podéndose producir, de facto, unha apropiación indebida de bens públicos.

14 setembro 2007

Enrevista ao concelleiro de EU Xam Lamelas

Prensa:

“Vamos a valorizar los puestos de trabajo para dar mejor servicio”

Faro de Vigo – Manuel Mendez /O Grove

Xan Lamelas, concejal de Xuventude y Emprego en el Concello de O Grove, está desarrollando diferentes proyectoso planes de actuación urgentes. El edil de Esquerda Unida – Izquierda Unida destaca entre ellos los tendentes a mejorar la presentación del servicio público en las dependencias municipales – aumentando la calidad de la atención al ciudadano – o los enfocados hacia la formación laboral de los jóvenes. Tras tres meses en el cuatripartito considera que ya empiezan a verse los primeros resultados.

Sobre o persoal laboral do Concello

Prensa:
Lamelas reunirase co equipo que fará a relación de postos de traballo
O edil de Persoal, o membro de Esquerda Unida Xan Lamelas, manterá o luns da semana próxima unha xuntanza co departamento da Universidade de Santiago de Compostela (USC) encargado de elaborar unha valoración do personal municipal.
Diario de Arousa – Redacción /O Grove
Na xuntanza, tratarase a metodoloxía de traballo do estudo, no cal se baseará o Concello para unha futura remodelación dos traballadores do Concello.

13 setembro 2007

Sobre o Obradoiro de emprego

Prensa:

Lamelas asegura que el futuro “Obradoiro de emprego” será fundamental para O Grove
Faro de Vigo - M.Mendez / O Grove
El concejal Xan Lamelas, representante de Esquerda Unida – Izquierda Unida en el gobierno cuatripartito de O Grove, está convencido de que el próximo “Obradoiro de emprego” será fundamental para la localidad, y especialmente para los jóvenes y desempleados.

21 maio 2007

EU-IU ofrece participación y trabajo en su mitin central

Prensa:
EU-IU ofrece participación y trabajo en su mitin central

Faro de Vigo | Manuel Méndez / o grove

Esquerda Unida-Izquierda Unida (EU-IU), la formación que presenta a Xan Lamelas como candidato a la Alcaldía de O Grove, celebró ayer su mitin central. Lo hizo insistiendo en un proyecto basado en la participación ciudadana que tiene un objetivo claro: Conseguir un concello sostenible económica y ambientalmente, solidario y con servicios públicos de calidad. El compromiso para lograrlo no es otro que "trabajar codo a codo con los vecinos y vecinas".

16 maio 2007

Entrevista ao candidato de EU Xan Lamelas Alfonso

Prensa:
«Imos traballar por un programa de consenso entre toda a esquerda»

Lamelas asume sen complexos a herdanza de Xan Caneda para gobernar O Grove.
La Voz de Galicia / Serxio González / O Grove

15 maio 2007

Sobre o problema do Naval

LLamazares Pregunta no Congreso sobre o problema do Naval

O Coordinador xeral de IZQUIERDA UNIDA, Gaspar Llamazares, rexitrou hoxe no Congreso dos Deputados unha pregunta dirixida ao ministro de traballo, Jesus Caldera, que a seman pasada foi remitida pola candidata de Esquerda Unida de Vigo, María Luisa Fernández, sobre o conflicto do naval vigués.

Actos de Campaña Electoral

Hoxe estaremos no Bar Viana a partir das 20:30 horas. Agardamos a vosa asistencia para coñecer de primeira man o noso programa.
Xa podedes consultar todos os actos de Campaña de EU-EdG

Quen veño sendo: Amelia Soutullo

¿Quen son? Nacín en O Grove. Son técnico superior en dietética e traballo como dependenta nunh tenda relacionada coa miña especialidade. A miña nai é mariscadora e o meu pai, que agora está xubilado, traballaba na Toxa. A miña familia é, polo tanto, como outras tantas no Grove. O tema da política lévoo no sangue: o meu pai pertence ao Partido Comunista e xa foi en listas electorais. Eu fun a única dos tres irmáns que somos que herdou esa vena del. Pero lembro que xa de pequeniña me levaba a manifestacións. Supoño que de aí ven todo.

29 abril 2007

Presentación da Candidatura no Bar Manos

Prensa:
EdeG-EU apuesta por la creación de una “Empresa Municipal da Vivenda”
El candidato de EdeG-EU a la Alcaldía de O Grove, Xan Lamelas, aseguró, durante el acto de presentación de la lista, que facilitarán la emancipación de los jóvenes a través de una “Empresa Municipal de Vivenda e Solo”. Así, promocionarán la ocupación de pisos y casas vacías.
Diario de Arousa. 29/04/07 – C.Santiso. 

25 abril 2007

Sobre o cumprimento das mocións

Esquerda Unida – Esquerda do Grove presentamos no último Pleno Municipal unha Moción na que se instaba ao Grupo de Goberno a presentar un informe sobre o grao de cumprimento das distintas Mocións aprobadas na última lexislatura nun prazo máximo de dous meses, e na que ademais se pedía ao mesmo que dera os pasos necesarios para dar fin a todas aquelas ás que aínda non se tivese chegado a dito estado, de xeito que fosen postas en marcha de maneira inmediata.

20 abril 2007

Ás voltas co Tiro a Pichón

Desde Esquerda Unida – Esquerda do Grove queremos congratularnos pola unión vivida onte das organizacións sociais deste Concello en prol dun problema social como era a cancelación do Campionato de Tiro ao pichón, que finalmente se celebrará este ano.

13 abril 2007

Xuntanza de EU con Emgrobes

O 12 de Abril ás 21 horas, os concelleiros de EU – EdG, José Antonio Taboada e María Soilán, e o candidato por esta formación Xan lamelas, reuníronse coa directiva de Emgrobes para escoitar as propostas deste colectivo e achegarlles á vez as iniciativas que EU-EdG levará a cabo de estar no vindeiro goberno municipal.

02 abril 2007

Comunicado de EU sobre o Tiro a Pichón

Esta fin de semana Esquerda Unida – Esquerda do Grove decidiu en asemblea a súa postura sobre o conflito existente en torno a celebración do campionato de tiro de pichón na Illa da Toxa.
EU – EdG é partidaria de manter esta competición no noso Concello dada a súa repercusión positiva na economía local, mais tamén considera que a seguridade da proba e o respecto polo medio ambiente deben ser máximos, polo que esta formación política opina que debe atoparse o lugar a decuado para a celebración da proba no noso concello tendo presentes sempre a seguridade e o menor impacto ambiental posíbel.

20 marzo 2007

Lamela reuníuse coa dirección de Rosalía de Castro

Xan lamelas, candidato á alcaldía por Esquerda do Grove – Esquerda Unida, reuniuise hoxe con Dolores Lores Rosal e María Luisa Cimadevila Baltasar, directora e secretaria da dirección do Colexio Rosalía de Castro de O Grove, para coñecer de primeira man os problemas deste centro escolar e as propostas do equipo directivo para mellorar a aportación deste colexio ao municipio de O Grove. Así mesmo, Lamelas espuxo algunhas das propostas de EdG – EU en materia educativa, como a potenciación do Consello Escolar Municipal en liña coa clara aposta desta formación de esquerdas pola democracia participativa.