venres, 14 de setembro de 2007

Sobre o persoal laboral do Concello

Prensa:
Lamelas reunirase co equipo que fará a relación de postos de traballo
O edil de Persoal, o membro de Esquerda Unida Xan Lamelas, manterá o luns da semana próxima unha xuntanza co departamento da Universidade de Santiago de Compostela (USC) encargado de elaborar unha valoración do personal municipal.
Diario de Arousa – Redacción /O Grove
Na xuntanza, tratarase a metodoloxía de traballo do estudo, no cal se baseará o Concello para unha futura remodelación dos traballadores do Concello.

O obxetivo é contar cons datos fornecidos por profesionais que avalíen previamente as necesidades da poboación nunha vila coas características do Grove, tanto no que atinxe á demografía da poboación como o modelo de asentamento ou os servizos municipais que necesitan.
Así, a intención do equipo de goberno ao encargar este estudo é definir coa maior exactitude posible as necesidades do Concello en materia de personal, e acometer unha reorganización axeitada que permita mellorar o funcionamento actual, con maior eficacia e rendabilidade, e ofrecer tamén un mellor servizo para os veciños do Grove.
Neste sentido, tamén se analizaría a estructura salarial, e asesoraríase ao Concello nas medidas a adoptar para un sistema retributivo eficaz.
Do mesmo xeito, o Concello tamén coñecerá nesta xuntanza o custe definitivo do estudo, co cal se podería incluir o seu pago dentro dos orzamentos municipais do 2007, que serán aprobados proximamente.
Do mesmo xeito, a pretensión de Lamelas é que esta valoración se elabore nuns poucos meses, de modo que poidan terse en conta as indicacións para os orzamentos do ano que vén, que sería nos que se efectuaría a remodelación do personal.

Ningún comentario:

Publicar un comentario