martes, 20 de marzo de 2007

Lamela reuníuse coa dirección de Rosalía de Castro

Xan lamelas, candidato á alcaldía por Esquerda do Grove – Esquerda Unida, reuniuise hoxe con Dolores Lores Rosal e María Luisa Cimadevila Baltasar, directora e secretaria da dirección do Colexio Rosalía de Castro de O Grove, para coñecer de primeira man os problemas deste centro escolar e as propostas do equipo directivo para mellorar a aportación deste colexio ao municipio de O Grove. Así mesmo, Lamelas espuxo algunhas das propostas de EdG – EU en materia educativa, como a potenciación do Consello Escolar Municipal en liña coa clara aposta desta formación de esquerdas pola democracia participativa.

As propostas da dirección do Rosalía de Castro serán estudadas para a súa probábel incorporación ao programa electoral de EdG – EU, ademais de contar coa experiencia de María Soilán, concelleira desta formación e mestra neste mesmo centro educativo e polo tanto coñecedora de primeira man das dificultades e carencias que atravesa a comunidade educativa de O Grove.
Lamelas poráse en contacto tamén cos demais centros educativos do Concello e anima a todas as asociacións a que se poñan en contacto con EdG – EU para expoñerlles as súas problemáticas e porpostas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario