martes, 6 de novembro de 2012

José Antonio Taboada "Neno" renuncia á acta de concelleiro

José Antonio Taboada "Neno", o único concelleiro desta agrupación na corporación grovense, ven de anunciar a renuncia a súa acta por motivo persoais. O posto deixado por Taboada será suplido polo número 2 da candidatura e ex concelleiro na lexislatura 2007-2011, Xam Lamelas Alfonso. A decisión foi respaldada pola Asemblea e a candidatura na xuntanza do luns.

NOTA DE PRENSA:

Dende Esquerda Unida queremos informar da renuncia de Jose Antonio Taboada "Neno" no seu cargo como concelleiro desta organización na corporación grovense.

Motivos persoais obrigan a Taboada a abandoar a primeira liña política e con elo as súas obrigas como concelleiro, cargo que asumeu o pasado ano tralas eleccións municipais. Tras máis dun ano traballando dende a oposición en prol dos nosos veciños, Taboada vese na obriga de deixar o seu posto, aínda que seguirá traballando, agora dende un segundo plano, nesta organización.


O posto de Taboada será suplido pola persoa que o acompañou como número 2 na canditatura ás municipais; Xam Lamelas Alfonso, que retorna ao concelleo asumindo o posto de concelleiro durante os mais de dous anos que restan de lexislatura. Un posto que asume con ilusión e que foi respaldado pola asemblea e pola candidatura de Esqueda Unida, na xuntanza que tivo lugar este luns. Lamelas traballará estes anos na defensa dos veciños e na loita contra as políticas do PP e dos seus socios de goberno.



A nova vista pola prensa:
- Diario de Arousa: Taboada renuncia a su acta de concejar por motivos personales...

Ningún comentario:

Publicar un comentario