xoves, 15 de novembro de 2012

EU denuncia irregularidades na Escola de Música municipal

Dende Esquerda Unida queremos denunciar o que consideramos unha serie de irregularidades graves na contratación da persoa/empresa que se fará cargo da Escola de Música municipal durante os dous vindeiros anos.

O proceso de contratación comezou o 20 de xuño, cando a Xunta de Goberno Local acordou aprobar os pregos e o expediente por un importe de 56.725,51 € (IVE non incluído), convidando a tres persoas/empresas (Isolina Domínguez Soto, Rafael Otero Fernández e “SERVIPROD” Servicios y producciones Villar Rey de Galicia SL).  Case un mes máis tarde a Xunta de Goberno Local decide modificar o presuposto en máis de 26.500 €, deixando a nova tarifa en 30.139,20 €. O 14 de agosto procédese a abrir os sobres da única concursante, Isolina Domínguez, atopando erros no sobre A, polo que lle dan 3 días para arranxalo. Subsanado o erro, 7 días máis tarde abren os sobre B e C, volvendo a haber erros, un deles no referente ao prezo, xa que superaba o da cuota. Seguramente supraba o da segunda, non o da primeira, algo que podería indicar que non recibiu a notificación da modificación da tarifa. Por este motivo, a XGL decide abrir outro proceso de urxencia, co que volve subir o prezo en preto de 5.500 €, pasando a 35.428,80 €, e volven a invitar ás mesmas persoas/empresas. Agora atopámonos con que a contratada para desenrolar o servizo da Escola de Música municipal é a primeira persoa que presentou a solicitude. Pero o máis grave é que decisión desa contratación tomouse na Xunta de Goberno Local do día 26 de outubro, catro días despois de que o concelleiro, Carlos Otero, dera comezo ás clases. Unha ilegalidade, irresponsabilidade e mostra de como traballa o goberno tripartito á hora de realizar contratacións.

Ante esta serie de feitos, desde Esquerda Unida queremos que se aclare por parte do Alcalde o procedemento de contratación do servizo da Escola de Música. Tanto os diferentes cambios no prezo do servizo, a urxencia na aprobación nas Xuntas de Goberno Local, que criterio se utilizou para invitar ao concurso a esas persoas e empresa e non a outras (a única información que conseguimos recabar de “SERVIPROD (Servicios y Producciones Villar Rey de Galicia SL)” é que se adican á perruquería unisex), e sobre todo que explique porqué a Escola de Música comezou a funcionar días antes de que a Xunta de Goberno Local adxudicase o servizo. No caso de non recibir resposta pública, desde Esquerda Unida consideraremos que o goberno tripartito ten algo que ocultar neste procedemento, pois os datos que coñecemos así nolo fan sospeitar.

Asemblea Local de Esquerda Unida

Ningún comentario:

Publicar un comentario