martes, 20 de novembro de 2012

Apoio ao pobo palestino

Dende Esquerda Unida condenamos as matanzas que o goberno de Netanyahu está a facer contra a poboación civil Palestina na Franxa de Gaza.


Esquerda Unida denuncia o comportamento criminal do goberno israelí sobre o pobo palestino, nestes días xa ronda o cento de persoas mortas, e as cifras seguen en aumento, a inmensa maioría son palestinas. A vaga de crispación e violencia continúa castigando despois de máis de 40 anos ao pobo palestino.

A executiva nacional de Esquerda Unida considera inaceptable que a Unión Europea manteña unha relación preferencial cun estado que viola permanentemente o dereito internacional e os dereitos humanos. Esquerda Unida, solicita á Alta Representante para asuntos exteriores da UE, que a Unión Europea exerza presión sobre o goberno de Israel para que deteña inmediatamente os bombardeos que están a levar a cabo sobre a Franxa de Gaza.

Yolanda Díaz coordinadora nacional de Esquerda Unida de viceportavoz de Alternativa Galega de Esquerda, manifesta que “dende Esquerda Unida non cansaremos de esixir á Unión Europea a conxelación de calquera relación comercial e o acordo de asociación da UE con Israel mentras as súas autoridades sigan vulnerando impunemente os dereitos humanos mantendo unha política xenocida co pobo palestino.”

Esquerda Unida fai un chamamento á cidadanía para que manifeste o seu apoio e acuda ás mobilizacións convocadas en solidariedade co pobo palestino e en repulsa das actuacións do goberno de Israel.

Ningún comentario:

Publicar un comentario