martes, 30 de setembro de 2014
domingo, 14 de setembro de 2014
AGE anima a CRTVG a retransmitir os encontros da selección Galega de Fútbol Gaélico
O grupo parlamentario de Alternativa Galega de Esquerda, a través do deputado Juan Manuel Fajardo, proporá á CRTVG que retransmita os encontros amigables que as distintas categorías da Selección Galega de Fútbol Gaélico disputará no Grove ante os combinados irlandeses.
![]() | |
Foto Asociación Galega de Fútbol Gaélico |
AGE anima a CRTVG a retransmitir o encontro da
selección galega de fútbol gaélico para apoiar e fomentar o interese
por este deporte.
O deputado Juan Manuel Fajardo destaca que se trata dun deporte no que se enxalzan valores como a fraternidade, igualdade e solidariedade.
O deputado Juan Manuel Fajardo destaca que se trata dun deporte no que se enxalzan valores como a fraternidade, igualdade e solidariedade.
O grupo parlamentar de Alternativa galega de Esquerda (AGE) presentou unha pregunta dirixida á comisión da CRTVG na que se propón a retransmisión do encontro da selección galega de fútbol gaélico co obxectivo de fomentar o interese por este deporte. O fútbol gaélico conta en Galicia dende a súa chegada no 2010, coa creación do primeiro equipo no país (Fillos de Breogán da Coruña), cunha importante implantación, e neste ano comeza a liga con máis de 14 equipos entre femininos e masculinos.
O deputado de AGE, Juan Manuel Fajardo, destaca que se trata dun deporte que enxalza unha serie de valores, esquecidos na práctica de outros deportes excesivamente profesionalizados e competitivos, como a fraternidade, igualdade, solidariedade que está a facer que exista un forte crecemento dos seus practicantes e seguidores.
O vindeiro 4 de outubro, no Grove, a Selección Galega, recoñecida pola federación internacional deste deporte, vai disputar amigables nas distintas categorías cos combinados irlandeses. E por este motivo que o grupo parlamentar de AGE preguntará e animará a CRTVG a retransmitir este evento para dar pulo a este deporte no noso país.
Fonte: Alternativa Galega de Esquerda
Prensa:
Galicia Confidencial: Fútbol Gaélico na TVG?
xoves, 11 de setembro de 2014
Resposta ás acusación realizadas polo PSOE contra a nosa organización
O Grove, 10 de setembro de 2014. Desde a
Asemblea Local de Esquerda Unida do Grove queremos amosar a nosa sorpresa e
indignación polas acusacións realizadas pola Agrupación Local do PSdGPSOE,
liderada por José Antonio Cacabelos, ao noso grupo nun comunicado enviado aos
medios de comunicación no día de onte.
As
xentes de esquerdas
do Grove, e
as e os
militantes de Esquerda
Unida en particular, xa estamos
afeitos ás mentiras do PSOE e do seu voceiro municipal, mais non agardábamos
que se nos utilice agora como elemento de xustificación dunha postura respecto
do PXOM que xa teñen tomada hai máis de un ano, tal e como nos deron a coñecer
nunha reunión que si existiu realizada no mes de novembro do ano pasado na sede
local do PSOE e na que tentaron que Esquerda Unida e BNG nos convertéramos en
comparsas da súa política errática e de fantasía.
Desmentimos de xeito rotundo que teñan
existido reunións entre a nosa organización e o noso concelleiro co goberno
municipal para acordar absolutamente nada sobre o PXOM, e moito menos un apoio
incondicional, como afirma este grupo político, que máis ben parecen unha
comparsa, de xeito totalmente covarde, pois nin tan sequera se atreveron a
nomearnos no comunicado.
Tenta o señor Cacabelos converterse en líder
da oposición metendo ao BNG no seu xogo, cando son o grupo municipal con menos
traballo realizado nestes tres anos e medio
de mandato, a pesares de contar con seis concelleiros. Tanto Esquerda Unida, como
o BNG realizamos, con un só concelleiro cada un, un sen fin de propostas e iniciativas máis
que o grupo
socialista, que parece
desaparecido da vida
política municipal salvo para tentar manchar a imaxe dos demais coa fin
de tapar a súa ineptitude. As actas dos plenos están como testemuñas do que
afirmamos.
Esquerda Unida esixe unha rectificación
pública, que de seguro non haberá, por parte do PSdG PSOE. Nós estamos en
política para defender os intereses dos veciños do Grove, non para tapar as
vergoñas de ninguén.
Finalmente, informar de que o sentido do voto
do noso concelleiro no pleno no que se debaterá a aprobación inicial do PXOM
será decidida pola asemblea.
Asemblea Local de Esquerda Unida
venres, 29 de agosto de 2014
Esquerda Unida O Grove fai un chamamento a participar na Asemblea Aberta
Ante a situación de crise económica, política, social, ambiental, etc. chegou o
momento de que as forzas políticas de esquerdas, os movementos sociais,
sindicais e a cidadanía en xeral, tomemos a palabra e nos tornemos en
protagonistas do cambio político co que rematar o secuestro da democracia no
que nos teñen sumido o PP e o PSOE.
É preciso que a
cidadanía decida como quere ser gobernada, e para iso é necesario iniciar un
proceso constituínte no que se garanta o dereito a decidir. Temos que recuperar
a Democracia.
Necesitamos un
espazo de confluencia, no que caibamos todas e todos, arredor dun desexo común:
acabar coas políticas ditadas polas elites e o poder económico e rescatar a
democracia, secuestrada polo bipartidismo tamén no ámbito municipal.
Por isto, desde
Esquerda Unida queremos facer un chamamento á cidadanía indignada a participar
na Asemblea Aberta Cidadá que celebraremos o vindeiro día 3 de setembro na Sala
das Cunchas do Concello do Grove ás 20:30 horas.
Temos o poder de decidir.
A túa opinión importa. Participa!!
mércores, 27 de agosto de 2014
A obsolescencia programada foi debatida na primeira sesión do CINEFORUM
Dentro do primeiro acto do ciclo de CINEFORUM NA RÚA, organizado por Esquerda Unida O Grove, este martes proxectouse o documental "COMPRAR TIRAR COMPRAR. A Historia secreta da obsolescencia programada", no que se analizaba como as empresas reduccen
deliberadamente a vida dos produtos para incrementar o seu consumo e a
mostra das desastrosas consecuencias medioambientais nas que deriva esta práctica.
Trala emisión do documental, que finalmente se tivo que realizar na Sala das Cunchas da Casa do Concello debido as condicións metereolóxicas, tivemos un pequeno coloquio no que os asistentes expuxeron as súas opinións e inquedanzas respecto a obsolescencia programada.
sábado, 23 de agosto de 2014
Cineforum na rúa. Proxección do documental "Comprar Tirar Comprar"
Dende Esquerda Unida o Grove queremos convidar a toda a veciñanza a participar no ciclo de Cineforum na rúa que a nosa agrupación organizará. A primeira proxección terá lugar o vindeiro martes 26 de agosto ás 22 horas na rúa Hospital (En caso de mal tempo trasladarémonos á Sala das Cunchas da Casa do Concello).
Para a primeira proxección, decidimos emitir o documental de Televisión Española "Comprar Tirar Comprar. A historia secreta da obsolescencia programada", no que se analiza a práctica empresarial que consiste na reducción deliberada da vida dos produtos para incrementar o seu consumo e a mostra das desastrosas consecuencias medioambientais nas que deriva. Os asistentes terán a oportunidade de participar nun pequeno coloquio ao finalizar o documental.
sábado, 2 de agosto de 2014
Seguen a mentir
O Sr. Miguel Ángel Pérez é un mentireiro. Así llo transmitiu o noso concelleiro Juan Lamelas Alfonso
no pasado pleno, e a piques estivo de custarlle a expulsión do mesmo,
sen estar falto de razón, xa que agora volve a facer o mesmo ao igual
que durante toda a lexislatura; MENTIR.
Esquerda Unida non se opón á construción dun Auditorio para o noso concello, pois é ben sabido que esta obra está contemplada no noso programa electoral. A nosa agrupación tan só mostrou o seu rexeitamento a unha petición de préstamo (250.000 €) para unha obra, que queda moi lonxe de ser un Auditorio, para a cal o goberno local non conta có financiamento total da mesma e que se pretende construír nun terreo que non é municipal, senón que pertence a Portos. Ademais, consideramos prioritaria a construción do Centro de Saúde e do Centro de Día, obras que este goberno botou abaixo nada máis comezar o seu mandato.
Esto explicámolo na sesión plenaria, tal e como publicamos poucos minutos antes nesta mesma web. Pero xa é sabido que o Sr. Pérez é dado a terxiversar as verbas dos membros da oposición para mentir e enganar aos nosos veciños. Esquerda Unida levará varias iniciativas ao Pleno do mes de xullo

El alcalde muestra su indignación con la actitud de los opositores
farodevigo.es|De Faro de Vigo
xoves, 31 de xullo de 2014
Esquerda Unida levará varias iniciativas ao Pleno do mes de xullo
Hoxe temos unha nova sesión plenaria no
Concello do Grove.
O goberno local levará á aprobación unha
solicitude de crédito de 400.000 €:
- Dese total, non mostraremos o noso apoio aos 250.000
€ destinados ao Centro de Interpretación de Carpintería de Ribeira (CICRI), o
que ven sendo unha salón de actos que o tripartito nos quere vender como un
Auditorio, e para o cal non existe un financiamento total da obra, polo que non
admitiremos que o Concello aumente o seu endebedamento sen unha garantía de que
a obra conta con investimento total. Así mesmo consideramos que a súa situación
non é a máis idónea xa que se continúa saturando a fachada marítima do casco
urbano do Grove, en concreto, a zona do Corgo pretendendo situar esta
infraestrutura en solo portuario estragar un excelente escaparate do noso pobo
cara os visitantes e unha zona de espallamento dos nosos veciños tanto nas
festas como nos mercados semanais. Ademais, temos que ter en conta que se está
a redactar o plan xeral de ordenación municipal no cal xa se debería ter
prevista a planificación desta infraestrutura nunha situación máis idónea, como
podería ser a Avenida Irmáns Otero Goday. Tamén queremos sinalar que no pasado,
Esquerda Unida nos opuxemos contundentemente á situación da EDAR na mesma zona
por motivos similares.
xoves, 10 de xullo de 2014
Esquerda Unida solicita a mellora das Praias para cans
Nas últimas semanas, o Concello do Grove decidiu modificar a situación das
dúas praias caninas que, a petición da nosa agrupación, se crearon o ano
pasado. Esta modificación realizouse sen un previo amaño das mesmas, sobre todo
na referente á do Porto dos Padroneses (nas Laxes de Róns), na cal non se realizou
unha limpeza previa nin conta cos servizos mínimos para atender á normativa de
uso, xa que non hai instaladas papeleiras onde os usuarios poidan depositar os excrementos
dos cans e outros restos orgánicos.
Por este motivo, o noso concelleiro, Xam Lamelas, realizou unha petición por escrito no rexistro municipal solicitando a mellora das condicións destes areais para que os usuarios poidan utilizalos en condicións.

martes, 6 de maio de 2014
Alternativa Galega de Esquerda en Europa celebrou un acto en O Grove
O activista social e candidato ao Parlamento Europeo, Javier Couso; os deputados de AGE no Parlamento Galego, Eva Solla e Juan Fajardo; e o coordinador nacional de Anova-IN e Alcalde de Teo, Martiño Noriega, ofreceron o sábado, no salón das Cunchas da Casa do Concello, un acto público no que abordaron a actual situación social e expuxeron as alternativas políticas que a candidatura de Alternativa Galega de Esquerdas en Europa, liderada por Lidia Senra, ofrecen ao modelo europeo neoliberal. O acto foi conducido polo grovense, Luis Rei, e contou coa presenza da coordinadora nacional de Esquerda Unida e viceportavoz de AGE no Parlamento galego, Yolanda Díaz.
xoves, 1 de maio de 2014
Acto Público Alternativa Galega de Esquerda en Europa
É a hora do pobo!
Contaremos con intervencións de peso,
entre as cales destaca Javier Couso, activista social e
candidato ao Parlamento Europeo por Izquierda Unida. Couso é
traballador audiovisual, traballando actualmente na dirección dos
documentais Una mosca en una botella de coca-cola e Lolo
Rico: la mirada no inventada. Como activista social traballou en
diversas causas, destacando por desgraza na Asociación de Amigos,
Irmáns e Compañeiros de José Couso tralo asasinato por parte do
exército dos Estados Unidos do cámara galego. Participa tamén como
analista en diversos medios de comunicación, en programas como La
Tuerka e Fort Apache, ou en cadeas como TeleSur, RT ou HispanTV.
Contaremos ademáis coa presenza de
Martiño Noriega, coordinador nacional de Anova – Irmandade
Noacionalista e alcalde do Concello de Teo, así como coa deputada
galega do grupo parlamentar de Alternativa Galega de Esquerda e
enfermeira viguesa Eva Solla.
No acto abordarase a situación social
actual e as alternativas políticas ao modelo europeo neoliberal que
ofrecemos desde a esquerda.
luns, 24 de febreiro de 2014
Esquerda Unida denuncia a situación de desgoberno e parálise na que se atopa o Concello do Grove
A agrupación local de Esquerda Unida ven de denunciar a situación de desgoberno no que se atopa o Concello do Grove. A ausencia dun secretario/a municipal impide que se poidan resolver asuntos importantes na vida diaria municipal -licencias e autorizacións urbanísticas, fraccionamentos de dévedas, solicitudes de vaos, conexións á rede de auga, debolucións...- ao non poderse convocar as xuntas de goberno local. Así mesmo, por este motivo tampouco se celebrará o pleno ordinario do mes de febreiro, no que o noso concelleiro Xam Lamelas pretendía someter a votación a posibilidade de sumarse á demanda Constitucional contra a Reforma da Lei de Administracións Locais.
sábado, 22 de febreiro de 2014
O Consello Local da Igualdade adhírese á Moción de EU contra a reforma da Lei do Aborto
Reunido o Consello Local de Igualdade do Concello do Grove en sesión
extraordinaria o mércores 19 de Febreiro, adoptou o seguinte acordo:
Respaldar e adherirse á Moción que solicita A RETIRADA DO ANTEPROXECTO DE LEI DE PROTECCIÓN DOS DEREITOS DO CONCIBIDO E DA MULLER EMBARAZADA proposta polo PP , que foi presentada por Esquerda Unida e aprobada pola maioria da Corporación do Concello do Grove na Sesión Plenaria Ordinaria do pasado mes de xaneiro.
O Consello Local da Igualdade do Concello do Grove OPONSE FRONTALMENTE a este Anteproxecto que supón unha grave ameaza á libertade das mulleres pois elimina o dereito das mulleres a decidir sobre o seu embarazo.
Entendemos que este retroceso social de décadas, NON VAI A DISMINUIR O
NÚMERO DE ABORTOS, QUE TAMPOUCO SE VIRON INCREMENTADOS COA LEI DO 2010, só vai provocar que as mulleres que carezan de recursos teñan que abortar máis tarde e por tanto con máis riscos e en peores condicións, polo que estamos diante dunha discriminación por razón de sexo e de condición social que rexeitamos enérxicamente.
Consideramos que a prevención dos embarazos non desexados, cunha boa
formación afectivo-sexual da poboación, especialmente entre os máis xóvenes xa dende a escola, é o mellor proxecto para disminuir o número de abortos.

venres, 31 de xaneiro de 2014
Aprobadas as dúas mocións presentadas por EU ao pleno de xaneiro
Na sesión plenaria do mes de xaneiro, celebrada este xoves 30, Esquerda Unida presentou dúas mocións; a primeira esixindo unhas MEDIDAS PARA PREVIR A POBREZA ENERXÉTICA e a segunda pedindo a RETIRADA DO ANTEPROXECTO DE LEI DE PROTECCIÓN DOS DEREITOS DO CONCIBIDO E DA MULLER EMBARAZADA. As dúas mocións obtiveron o respaldo da corporación municipal, a primeira por unanimidade e a segunda con doce votos a favor, dous en contra e unha abstención.
venres, 17 de xaneiro de 2014
mércores, 20 de novembro de 2013
La oposición critica que el presupuesto de 2014 vaya a Pleno sin consensuar
PRENSA - Diario de Arousa
El portavoz socialista, José Antonio Cacabelos, criticó en la jornada de ayer que “no se ponen de acuerdo en un año para aprobar un presupuesto para 2013 y ahora meten el de 2014 en un Pleno el jueves, dándonos menos de una semana para verlo. No tiene ni pies ni cabeza”. Y es que los socialistas aseguran que en los días que les ha dado de margen el gobierno apenas les dará tiempo de leer el presupuesto y añaden que “sin verlo con detenimiento no lo vamos a aprobar”.
Xan Lamelas, edil de Esquerda Unida, y Heladio Outeiro, concejal del BNG, también mostraron su disconformidad con la manera de proceder del gobierno local y lamentaron la falta de consenso y el poco tiempo del que disponen para analizar el documento más importante del Concello, tal y como el propio edil de EU transmitió al alcalde en la jornada del lunes.
Al parecer, el regidor justificó la falta de consenso recordando a los ediles de la oposición que en el anterior mandato sus propias agrupaciones habían utilizado esta técnica.
El socialista José Antonio Cacabelos recordó, en relación con la aprobación del documento económico, que desde el PSOE se ofrecieron en más de una ocasión a llevar a Pleno un documento consensuado con el gobierno: “Solo pedíamos sentarnos a discutir, no pedíamos más. Pero prefieren ser chantajeados por Filgueira antes que sentarse con nosotros”.
En relación con el adelanto de la sesión plenaria el socialista explicó que algunos concejales tienen programadas actividades laborales para el jueves y aseguró que las formas empleadas por el gobierno no han sido las correctas y que con este panorama “dan ganas de no ir al Pleno”.
José Antonio Cacabelos también destacó que está seguro que algunos de los miembros del gobierno local no comparten cómo se están haciendo las cosas: “Estarán pasando vergüenza y deseando que el trámite pase desapercibido”.
De hecho, alguno de los integrantes del gobierno desconocía el lunes que se había tomado la decisión de adelantar la sesión plenaria a este jueves, algo que para la oposición es una muestra más de la desunión existente.
Por otra parte, el hecho de cambiar la fecha de celebración del Pleno ha hecho que todos los plazos se hayan adelantado, por lo que son cinco las mociones que han quedado fuera del Orden del Día, cuatro del BNG y una de EU.
Sobre este punto, Xan Lamelas explicó que en la Comisión Informativa del lunes pidió la inclusión de su moción en el Orden del Día como una propuesta sin dictaminar para poder debatirla, aunque para ello necesitaría el apoyo de la mayoría de la Corporación, por lo que solo se trataría en caso de que el gobierno lo estimase oportuno.
Teresa Miñán.- Los grupos de la oposición han mostrado su malestar con el gobierno
local por la falta de consenso y de diálogo antes de aprobar en Pleno el
presupuesto para el año 2014, así como por el adelanto de la sesión
plenaria.

xoves, 14 de novembro de 2013
Ante a adicación exclusiva de Aida Filgueira e o orzamento de 2.014
O Grove, 14 de novembro de 2013.- Desde a
Asemblea Local de Esquerda Unida do Grove, queremos amosar o noso
rexeitamento á proposta que se debatirá no pleno deste mes de
conceder a adicación exclusiva á tenente de alcalde Aida Filgueira.
As incongruencias nesta materia por parte do
tripartito veñen sendo constantes desde que formaron goberno. Se ben
estando na oposición, tanto Miguel Ángel Pérez como Aida Filgueira
criticaban o gasto en adicacións do anterior goberno cuatripartito
por consideralas innecesarias e excesivas, vimos como propuxeron sen
ruborizarse a liberación total ou parcial xa non de tres
concelleiros como era anteriormente, senon de nove. Tentaron
xustificar esta medida afirmando que o gasto sería menor, cuestión
que se revelou falsa, e máis agora, co aumento da adicación da
señora Filgueira de media xornada a xornada completa, aumentando o
gasto en órganos de goberno respecto do mandato anterior en varias
decenas de miles de euros anuais, sen contar asesores e demais
persoal afín contratado para contento dos socios do PP.
Mais o problema que vemos desde Esquerda Unida non é
que haxa xente cobrando por adicarse á xestión municipal, senon en
como se fai este gasto e cales son os criterios utilizados. A
inutilidade da señora Filgueira como concelleira é manifesta. A súa
xestión á fronte das concellerías que ten delegadas e que vendeu
como un logro importante cando asinou o pacto de goberno é
practicamente nulo, como quedou en evidencia na súa comparecencia
ante o pleno na que extendeu a máis de unha hora o seu relato de
exposicións itinerantes, iniciativas de outros concelleiros, ou
actividades que se realizan desde hai anos no Concello como logros da
súa xestión.
Pero non é todo. Parece ser que os seus propios
compañeiros de goberno están molestos coa proposta da señora
Filgueira. Eles mesmos se dan conta de que non aporta nada ao goberno
máis que un voto nos plenos, e ademais haberá que restar recursos
de algunha outra parte para poder dar cumprimento aos desexos da
concelleira de Alternativa Meca para dar solución á súa situación
profesional. E é neste punto no que se demostra outra das mentiras
deste goberno, a unidade e a cohesión. Un goberno con maioría
absoluta, que presume de unidade de acción e de obxectivos claros,
non foi quen de aprobar os orzamentos deste ano 2013, ano no que se
tivo que traballar cos orzamentos prorrogados de 2012. E vemos agora,
tras o ultimátum de Filgueira, como se pretende levar a aprobación
o orzamento de 2014 no que se recollerá a adicación exclusiva da
tenente de alcalde. Un orzamento sen debate, a pesares de que
Alternativa Meca propuxo a participación popular na súa
elaboración, e no que nen tan sequera participou a corporación
local.
Asemblea Local de
Esquerda Unida
O Grove, 14 de novembro
de 2013
luns, 11 de novembro de 2013
AGE ofrece a Louzán debater sobre as irregularidades da Deputación de Pontevedra.
AGE recolle a luva de Rafael Louzán para debater en profundidade as irregularidades na xestión na Deputación de Pontevedra. O presidente do ente provincial lamentou onte na súa comparecencia no Parlamento de Galicia non dispor de tempo para debater co deputado Juan Manuel Fajardo sobre a situación do ente provincial.
O deputado de Alternativa Galega de Esquerda, Juan Manuel Fajardo, respondeu á proposta do presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, feita na súa comparecencia no Parlamento de Galicia para explicar os orzamentos para o vindeiro ano e na que lamentou non dispoñer de tempo suficiente para debater co deputado de AGE sobre todas as cuestións relativas a situación do ente provincial pontevedrés. Recollendo a luva lanzada por Louzán, o deputado Juan Manuel Fajardo enviou unha carta hoxe mesmo ao presidente da Deputación de Pontevedra na que o convidaba a facer realidade este encontro e deste xeito poder tratar con máis detemento o longo listado de irregularidades sinaladas polo seu grupo parlamentar dando a oportunidade ao responsable do ente provincial a aclarar e xustificar unha a unha todas as denuncias realizadas por AGE.

Así, o deputado Juan Manuel Fajardo sinalou o aeródromo de Godos en Caldas de Reis como o lugar máis axeitado para levar a cabo este debate xa que constitúe unha das probas máis palpables da xestión irregular que está a levar a cabo a deputación provincial de Pontevedra e no que se están a executar unhas obras de acondicionamento da pista de despegue e aterraxe para o seu posterior asfaltado con persoal e maquinaria da Deputación sen estar dado de alta o centro de traballo nin contar con partida orzamentaria algunha para ás mesmas. O deputado de AGE lembrou que se trata dun aeródromo ilegal xa que non dispón do trámite medio ambiental necesario que se atopa paralizado no Ministerio nin coa autorización por parte da axencia de seguridade aérea para o emprego das construcións nin para a posta en marcha da actividade por motivos de seguridade. Por todas estas circunstancias, Alternativa Galega de Esquerda considera o aeródromo de Caldas de Reis como o escenario perfecto para que o presidente da Deputación de Pontevedra dea resposta as manifestas irregularidades da súa xestión, comezando polas obras deste aeródromo.
xoves, 7 de novembro de 2013
Participa na Asemblea Comarcal de Esqueda Unida en Arousa
INVITACIÓN
Vilagarcía de Arousa, a 2 de Novembro
de 2013
Estimad@
compañeir@ , camarada:
Os
ataques contínuos do Pariído Popular, co apoio do Partido Socialista, aos
dereitos e liberdades da xente do común xa hai tempo que teñen efectos visibles
na nosa comarca. Para loitar contra eses ataques necesitaremos articular un
equipo de xente comprometida para loitar contra o paro, a reforma laboral, a
reforma das pensións, carestía da vida (subidas nos prezos da luz, da auga, da
gasolina...), contra a privatización da sanidade e do ensino público, rescate
da banca e liquidación das caixas de aforro, subidas de impostos...
Como
coordinador comarcal de Esquerda Unida na Arousa teño o pracer de convidarte a
participar na nosa Asemblea Comarcal, o vindeiro 9 de Novembro de 2013 ás 10 da
mañá, na Sala de Conderencias do Auditorio Municipal de Vilagarcía de Arousa.
Asemblea na que procederemos á renovación do noso Consello Político Comarcal,
seguindo a seguinte orde do día:
1.
Intervención
de representantes dos colectivos políticos, sindicais e sociais.
2.
Turno
aberto de palabra para os asistentes. Proposta para á alternativa.
3.
Informe
de xestión e balance.
4.
Elección
do Consello Político Comarcal.
Contamos coa túa participación.
Ramón Bueno
Coordinador Comarcal de Esquerda Unida en Arousa
xoves, 24 de outubro de 2013
24O Folga Xeral no ensino
O vindeiro xoves 24
de outubro, está convocada unha folga xeral no ensino contra a contrarreforma
educativa do
PP.

A executiva nacional
de Esquerda Unida manifesta que esta contrarreforma serve para seleccionar
futuras elites dirixentes, excluíndo a quen precisa máis apoio, restaura
itinerarios segregadores e suprime competencias da comunidade educativa na
xestión de centros.
Está é a imposición dun goberno que goberna para unha minoría interesada en
restaurar a mala educación do pasado.
Ramón Vázquez deputado de AGE e membro da área de educación de EU,
manifesta que “a crise é a escusa para privatizar
e desmantelar o sistema educativo, é unha vontade política o feito de rescatar
a bancos mentres se recorta en servizos públicos”. O PP facendo seguidismo das políticas antipersoas, insiste e colabora
activamente na degradación da escola pública, para elo entre o peche de centros
no rural, repago de comedores escolares, menosprezo da lingua, descenso do
profesorado de apoio, etc. Con todo isto o PP pretende que só poidan estudar aqueles
que teñan con que pagar, a educación deixa de ser un dereito para ser un
privilexio.
Por todo isto,
Esquerda Unida fai un chamamento á participación nas mobilizacións previstas
para o 24 de outubro, e que tamén dende a rúa loitemos polos nosos dereitos,
por unha educación pública, laica e de calidade.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)