Na sesión plenaria do mes de xaneiro, celebrada este xoves 30, Esquerda Unida presentou dúas mocións; a primeira esixindo unhas MEDIDAS PARA PREVIR A POBREZA ENERXÉTICA e a segunda pedindo a RETIRADA DO ANTEPROXECTO DE LEI DE PROTECCIÓN DOS DEREITOS DO CONCIBIDO E DA MULLER EMBARAZADA. As dúas mocións obtiveron o respaldo da corporación municipal, a primeira por unanimidade e a segunda con doce votos a favor, dous en contra e unha abstención.
MOCIÓN: MEDIDAS PARA PREVIR A POBREZA ENERXÉTICA:
[Vídeo: comeza no 1:20:00]
A seguinte proposta de acordos foi aprobada por unanimidade:
- Esixir ao Goberno de España a aprobación dunha Lei de medidas para previr a pobreza enerxética que regule o sistema de subministracións básicas do fogar e inclúa mecanismos que prime o aforro e penalice o consumo ineficiente, garantindo que as tarifas non sexan obxecto de mercado, establecendo prezos sociais e elementos de fiscalidade enerxética favorables para as familias con baixos ingresos económicos. Igualmente, na citada Lei estableceranse medidas para que todos os fogares poidan manter unhas condicións adecuadas de temperatura como dispor doutros servizos enerxéticos esenciais a un prezo xusto. Crearase o bono social para aqueles fogares con poder adquisitivo reducido ou en risco de exclusión social, establecéndose unha tregua invernal e impedindo o corte de subministración a estas familias.
- O Concello do Grove elaborará un plan contra a pobreza enerxética, co obxectivo de garantir o dereito da cidadanía ás subministracións básicas do fogar que permita identificar, previr e corrixir as situacións detectadas.
- Instar o Goberno de España a modificar a Lei 3/1992, de 28 de decembro, do Imposto sobre o Valor Engadido establecendo un IVE reducido para o prezo de gas e a electricidade a nivel doméstico.
- Desta moción darase traslado a:
- Presidencia do Goberno de España.
- Grupos con representación parlamentaria no Congreso de Deputados.
- Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP).
- Asociacións de Veciños e Consumidores da localidade.
MOCIÓN: SOLICITANDO A RETIRADA DO ANTEPROXECTO DE LEI DE PROTECCIÓN DOS DEREITOS DO CONCIBIDO E DA MULLER EMBARAZADA DO PARTIDO POPULAR.
[Video: comeza no 1:57:15]
A seguinte proposta de acordos foi aprobada con 12 votos favorables [EU, PSOE, BNG, PGD, AMeca, e os membros do PP; Carlos Otero e Laura Besada], 1 abstención [Ochoa do PP] e 2 votos en contra de Miguel Pérez e Callón do PP]:
- O rexeitamento do Anteproxecto de Lei de Protección dos Dereitos do Concibido e da Muller Embarazada aprobado polo Consello de Ministros/as porque restrinxe dereitos fundamentais das mulleres, solicitando a súa retirada inmediata.
- O posicionamento a favor de que calquera reforma que se faga sobre Lei Orgánica 2/2010, de 3 de marzo, de saúde sexual e reprodutiva e da interrupción voluntaria do embarazo, estea encamiñada a ampliar os dereitos que son fundamentais e específicos das mulleres, de forma que as mulleres poidan decidir en sobre se queren ou non ser nais.
- Facemos un chamamento, á sociedade no seu conxunto, á mobilización e a denuncia en contra da restritiva reforma do aborto do Partido Popular e pola defensa dun Dereito ao Aborto, libre, público, gratuíto e fóra do Código Penal.
Prensa:
PONTEVEDRAVIVA.COM: Solo dos de los siete concejales del PP de O Grove, respaldan con su voto la reforma del aborto
Ningún comentario:
Publicar un comentario