Reunido o Consello Local de Igualdade do Concello do Grove en sesión
extraordinaria o mércores 19 de Febreiro, adoptou o seguinte acordo:
Respaldar e adherirse á Moción que solicita A RETIRADA DO ANTEPROXECTO DE LEI DE PROTECCIÓN DOS DEREITOS DO CONCIBIDO E DA MULLER EMBARAZADA proposta polo PP , que foi presentada por Esquerda Unida e aprobada pola maioria da Corporación do Concello do Grove na Sesión Plenaria Ordinaria do pasado mes de xaneiro.
O Consello Local da Igualdade do Concello do Grove OPONSE FRONTALMENTE a este Anteproxecto que supón unha grave ameaza á libertade das mulleres pois elimina o dereito das mulleres a decidir sobre o seu embarazo.
Entendemos que este retroceso social de décadas, NON VAI A DISMINUIR O
NÚMERO DE ABORTOS, QUE TAMPOUCO SE VIRON INCREMENTADOS COA LEI DO 2010, só vai provocar que as mulleres que carezan de recursos teñan que abortar máis tarde e por tanto con máis riscos e en peores condicións, polo que estamos diante dunha discriminación por razón de sexo e de condición social que rexeitamos enérxicamente.
Consideramos que a prevención dos embarazos non desexados, cunha boa
formación afectivo-sexual da poboación, especialmente entre os máis xóvenes xa dende a escola, é o mellor proxecto para disminuir o número de abortos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario