Dentro do primeiro acto do ciclo de CINEFORUM NA RÚA, organizado por Esquerda Unida O Grove, este martes proxectouse o documental "COMPRAR TIRAR COMPRAR. A Historia secreta da obsolescencia programada", no que se analizaba como as empresas reduccen
deliberadamente a vida dos produtos para incrementar o seu consumo e a
mostra das desastrosas consecuencias medioambientais nas que deriva esta práctica.
Trala emisión do documental, que finalmente se tivo que realizar na Sala das Cunchas da Casa do Concello debido as condicións metereolóxicas, tivemos un pequeno coloquio no que os asistentes expuxeron as súas opinións e inquedanzas respecto a obsolescencia programada.
Ningún comentario:
Publicar un comentario