Nas últimas semanas, o Concello do Grove decidiu modificar a situación das
dúas praias caninas que, a petición da nosa agrupación, se crearon o ano
pasado. Esta modificación realizouse sen un previo amaño das mesmas, sobre todo
na referente á do Porto dos Padroneses (nas Laxes de Róns), na cal non se realizou
unha limpeza previa nin conta cos servizos mínimos para atender á normativa de
uso, xa que non hai instaladas papeleiras onde os usuarios poidan depositar os excrementos
dos cans e outros restos orgánicos.
Por este motivo, o noso concelleiro, Xam Lamelas, realizou unha petición por escrito no rexistro municipal solicitando a mellora das condicións destes areais para que os usuarios poidan utilizalos en condicións.
Por este motivo, o noso concelleiro, Xam Lamelas, realizou unha petición por escrito no rexistro municipal solicitando a mellora das condicións destes areais para que os usuarios poidan utilizalos en condicións.
Nota de Prensa:
Esquerda Unida solicita a mellora das praias caninas.
Esquerda Unida solicita a mellora das praias caninas.
O Grove, 10 de xullo de
2014.- Esquerda Unida
solicitou no Concello do Grove a mellora das praias caninas. Veciños e usuarios
deste servizo, proposto pola nosa organización o ano pasado, presentáronnos
queixas do estado de limpeza das praias caninas, en especial a praia do Porto
dos Padroneses, na que ademais dos lixos traídos pola marea se puideron atopar
latas de conservas abertas e outro materiais, co conseguinte perigo de cortes
para animais e persoas que visitan a praia.
Ademais de solicitar a mellora na limpeza nestes areais, a nosa petición
inclúe tamén a demanda de papeleiras, inexistentes no Porto dos Padroneses, o
que facilita que se emporque a praia, non só cos refugallos xerados pola
presenza humana, senón que tamén dificulta a obrigatoriedade de recoller os
excrementos dos animais ao non ter onde depositalos.
Así mesmo, os accesos a estas praias tamén deben ser obxecto de mellora,
volvendo a ser o areal situado nas Laxes de Rons o que en peor estado se atopa,
con fochas en todo o camiño xerados polo paso continuo de camións que se
dirixen non só ás empresas situadas na zona, senón tamén ás obras da EDAR.
Desde Esquerda Unida consideramos que o cambio de situación destas praias,
que permiten o espallamento dos cans cos seus donos, non se puido facer de peor
xeito posíbel, coa temporada estival comezada e sen un amaño previo dos areais.
Todas estas cuestións foron trasladadas por escrito ao Concello para que se
actúe de xeito inmediato, sendo as actuacións necesarias de un custe mínimo
para a administración local.
Juan Lamelas Alfonso
Concelleiro de Esquerda
Unida
Ningún comentario:
Publicar un comentario