luns, 24 de febreiro de 2014

Esquerda Unida denuncia a situación de desgoberno e parálise na que se atopa o Concello do Grove

A agrupación local de Esquerda Unida ven de denunciar a situación de desgoberno no que se atopa o Concello do Grove. A ausencia dun secretario/a municipal impide que se poidan resolver asuntos importantes na vida diaria municipal -licencias e autorizacións urbanísticas, fraccionamentos de dévedas, solicitudes de vaos, conexións á rede de auga, debolucións...- ao non poderse convocar as xuntas de goberno local. Así mesmo, por este motivo tampouco se celebrará o pleno ordinario do mes de febreiro, no que o noso concelleiro Xam Lamelas pretendía someter a votación a posibilidade de sumarse á demanda Constitucional contra a Reforma da Lei de Administracións Locais.

Nota de prensa:
O Grove, 22 de febreiro de 2014.- Desde Esquerda Unida queremos denunciar publicamente a situación de desgoberno e parálise na que se atopa o Concello do Grove nestos momentos. 

Nestes momentos, calqueira veciño do Grove que queira, por exemplo, solicitar un vao permanente, conectarse á rede de auga, ou solicitar unha licencia, deberá agardar sine die a que o Concello conte por fin con un secretario ou secretaria municipal, para que se poidan realizar xuntas de goberno, órgano colexiado no que se toman decisións sobre estos asuntos e moitas outras decisións que afectan á vida diaria dun municipio. Pois parece ser que desde principios de febreiro, o Concello do Grove non conta con servizo de secretaría municipal tras unha circular da Xunta de Galicia na que se require de habilitación da administración autonómica para os secretarios accidentais, situación na que se atopa o Concello desde o mes de outubro trala marcha do anterior secretario a un novo destino. 

Esta situación non foi comunicada en ningún momento por parte do goberno municipal aos membros dos grupos oposición, quen nos decatamos por solicitar información por outros asuntos no Concello. O alcalde Miguel Á. Pérez non parece preocupado pola situación, pero a súa calma para cubrir a vacante de secretario municipal para nós é alarmante e irresponsábel. 

Como consecuencia disto, este mes de febreiro o concello non contará coa celebración de Pleno ordinario, polo que non se poderán debatir nin aprobar propostas que afectarán á vida dos nosos veciños e veciñas. Como consecuncia deste dislate institucional do tripartipo gobernante no noso pobo, o noso concello non terá a oportunidade de debater un importente punto que Esquerda Undia pretendía prantexar este mes no pleno e que afecta á vida dos concellos e ás relacións das institucións cos veciños como é a Reforma da Lei de Administacións Locais que dará máis poder ás deputacións provinciais en detrimento dos concellos. 

Desde Esquerda Unida pretendíamos que o Concello do Grove se sumara á demanda ante o Tribunal Constitucional contra esta reforma a través do mecanismo que permite aos municipios españois presentar recursos ante este tribunal (fan falla 1/7 dos municipios españois que sumen 1/6 da poboación do Estado), e que ten como prazo o 28 de febreiro para a súa aprobación plenaria, iniciativa á que se están sumando concellos de todo o estado de distintas cores politicas. 


Prensa:

Ningún comentario:

Publicar un comentario