Mañá, 17 de Xuño, terá lugar en Grecia unha das eleccións máis importantes e decisivas na historia non só do país senon de toda Europa.
O pobo grego terá que elixir entre partidos neoliberais que o conduciron á situación de servilismo e escravitude na que se atopa ou na alternativa real de esquerdas: Syriza.
Desde a nosa organización temos grandes esperanzas postas na vitoria de Syriza, pola nosa coincidencia programática, polo noso rechazo conxunto aos que intentan condenar aos cidadáns mentres se rescata aos estafadores, especuladores e culpables desta precaria situación na que se atopa a clase obreira.
Por outro lado, queremos denunciar o complot mediático e europeístico que existe contra Syriza e o seu líder parlamentario, Alexis Tsipras. Minten, terxiversan e amenazan para que o voto heleno sexa para Nueva Democracia, cómplice xunto coa "socialista" Pasok, da débeda grega que asfixia á súa cidadanía. Por qué? Non debemos esquecer que se paises como Alemaña e Francia gozan da solvencia económica que teñen é grazas ao poder que exercen hacia os estados periféricos, entre eles nós mesmos.
Estamos convencidos que Syriza demostrará que desde a esquerda si se pode cambiar o rumbo, porque o capitalismo sangrante a e economía neoliberal da UE están a piques de esnafrarse e nós non queremos facelo con eles.
E se descoñeces a programa de Syriza, non deixes que cho conten. Mírao ti mesmo (español)
Ademais, queremos desexar moita sorte ao KKE, Partido Comunista de Grecia, que a pesar de termos diferenzas, compartimos gran parte da súa ideoloxía e somos conscientes da forza que exerce na cidadanía grega. Todo un exemplo.
Viviremos o escrutinio en directo desde a nosa conta de twitter! Síguenos (@Euogrove)
Ningún comentario:
Publicar un comentario