mércores, 6 de xuño de 2012

Analizamos o pleno de maio

A nosa organización xuntouse o luns 4 de Xuño para comentar e analizar actitudes, comentarios e posturas que tiveron algúns concelleiros no pleno do pasado mes de maio, no que o groso da sesión foi unha das dúas mocións propostas por Esquerda Unida: a eliminación do privilexio que exime á igrexa católica de pagar o Imposto de Bens Inmobles (IBI).

Taxas deportivas
Antes de chegar ás mocións tratouse un tema que causa malestar entre algunhas/ns usuarias/os das instalacións deportivas da vila. Desde Esquerda Unida amosamos desde o principio o noso desaprobamento á ordenanza que fixa as taxas das instalacións e evidentemente tamén o faríamos esta vez na presentaron as características que deben ter os clubs deportivos para que se lles eximan as taxas que tamén se presentaban. Sorprendeunos á demagoxía e despotismo que amosa o señor Bea para protexer a súa creación, creación que lle permitirá ampliar o seu caciquismo e restrinxir as liberdades á maioría dos clubs deportivos, pois os requisitos que impón o edil do camiño de ouro describen moi mal a realidade dos nosos clubs. Desde EU non cremos que teña afán recaudatorio, senon que ten afán restritivo para os clubs que non contan co beneplácito do devandito concelleiro.
A ordenanza foi aprobada cos votos do goberno e para a solución de contar co consello local do deporte que lle plantexábamos desde a oposición, Bea tamén tiña contestación (que non resposta); el mesmo se vai encargar de que exista un consello "universal e democrático". Non tardaredes en ter a nosa postura ao respecto.

Moción do IBI
O tema que máis polémica causou, e así o reflexaron os medios, foi a presentación dunha moción por parte da nosa organización coa que pretendíamos eliminar o privilexio da Igrexa que a exime do pago do IBI. Qué dicir da intervención do voceiro do PP, o señor Callón!? Foi unha reprodución do pseudoargumento dos populares e do obispado do estado. Como xa é tradición apelan ao papel de Cáritas para xustificar os privilexios que ten a Igrexa Católica neste noso país aconfesional. Non sabemos se é cuestión de fe ou realmente saben cómo funciona Cáritas e de ónde proveñen os ingresos desa organización e aínda así queren enganar á cidadanía. Máis do 90% dos cartos cos que conta esta organización humanitaria provén de doazóns privadas e particulares e parte do 10% restante provén de fondos públicos. Colabora a Igrexa? Colaborará, igual que moitos dos particulares que o fan e ademais pagan "relixiosamente" os seus impostos.
Por outro lado, pareceunos insultante que falasen e defendesen a caridade. Esquerda Unida non está a favor da caridade e crítica que o señor Callón se escude nela para agochar o roubo que estamos sufrindo do estado do benestar.
Neste punto, a intervención de Aida Filgueira foi polo mesmo camiño que a postura do seu compañeiro de goberno, aínda que tamén lle lembrou ao PSOE, que está moi ben iso de subirse ao carro de propostas históricas de Esquerda Unida, pero que o seu partido rexeitou no Parlamento por dúas veces a mesma proposta. Nós no noso blog xa tratamos esta tema cunhas declaracións de Cayo Lara.

Moción dos acollementos civís
O máis salientable neste punto foi o voto en contra de Carlos Otero, concelleiro polo PP. Algo que non só sorprendeu a medios e oposición senon que era algo co que o propio goberno non contaba.
Seguimos sen entender o porqué deste voto porque evidentemente a nós nin se nos pasa pola cabeza que un concelleiro electo democraticamente priorice os intereses persoais ante as súas obrigas como representante do pobo do Grove. Así que agardamos que o seu traballo como músico sacro non tivese afectado a súa decisión. Xa dará explicacións, se iso non pon en perigo o seu traballo na casa do señor, claro.

Ningún comentario:

Publicar un comentario