Como ben sabedes os que seguíchedes o pleno polas redes sociais, o noso concelleiro, Jose Antonio Taboada, non puido acabar o pleno por ter que acudir ao seu posto de traballo. Por este motivo non puido expoñer os rogos que tiñamos preparados para este pleno nen facerlle ao goberno as preguntas pertinentes. Aínda así entregaremos por rexistro a documentación axeitada coas nosas reclamacións, que puidechedes ler neste blog.
Jose Antonio Taboada alargou o máximo posible a súa estancia no pleno para así poder expoñer as mocións que se presentaron por EU e poder facer fronte a opinións, críticas, preguntas varias e, por qué non dicilo, felicitacións por parte das diferentes forzas políticas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario