ESQUERDA
UNIDA –
OS VERDES CONSIDERA QUE O RESCATE
CONSTITÚE A DEMOSTRACIÓN DA DERROTA DAS POLÍTICAS NEOLIBERAIS
DESENVOLVIDAS POR PSOE E PP
A
COORDINADORA NACIONAL DE EU, YOLANDA DÍAZ, SINALOU
“NON
É UN RESCATE, É UN SECUESTRO COTIÁN SOBRE OS DEREITOS SOCIAIS DA
NOSA CIDADANÍA”
Esquerda
Unida comeza esta semana unha campaña para coñecer a verdade, toda
a verdade, sobre a crise da banca, e demanda explicacións acerca do
xa anunciado custo social das medidas acordadas en Bruxelas en
materia de emprego na entidade NGB.
Esquerda
Unida – Os Verdes considera que o rescate
constitúe a demostración da derrota das políticas neoliberais
desenvolvidas por PSOE e PP.
Os meses de goberno antisocial a base de decreto-lei do Goberno
Rajoy, secundado cunha obediencia digna de mellor causa polo goberno
Feijóo, colleitan hoxe un evidente suspenso cando se nos impón
dende a Unión Europea un rescate bancario, que deixa en coiros os
erros e a inanidade última dunha política económica de dereitas,
que só causa paro, anguria e desprotección social na xente
traballadora.
A
coordinadora nacional de EU, Yolanda Díaz, sinalou “non
é un rescate, é un secuestro cotián sobre os dereitos sociais da
nosa cidadanía,
rescátase aos bancos malia
seren os protagonistas dun proceso de endebedamento e alimentación
de burbullas, que están na cerna explicativa da actual crise da
globalización capitalista.”
A
executiva nacional de EU
demanda
a comparecencia urxente de Feijóo no parlamento galego para explicar
o impacto e situación real na que queda Novagalicia banco e insta a
creación dunha comisión que analice e depure responsabilidades pola
situación das entidades financeiras galegas. Esquerda
Unida entende que resulta inaprazable a comparecencia urxente de
Feijóo no Parlamento para explicar o papel e os resultados da
política en materia de banca desenvolvida polo seu goberno. A
secuencia de privatización das caixas, acordo co BNG incluído, co
expolio do aforro público das caixas supón un dos grandes pasivos
dunha xestión política amortizada e sen futuro. A política de
parchear e ir administrando unha política morta, a dos recortes
neoliberais, fracasou. Nela fixéronse cómplices a oposición de
papel do Hórreo con acordos e consensos que foron contra os
intereses da maioría traballadora deste país.
EU
reclama outra saída política para garantir o carácter galego e o
control público da entidade NGB.
A actual participación pública nela tense que traducir na
constitución dunha entidade de banca pública galega, cuxa xestión
se poña ao servizo do fomento do creto ás pequenas e medianas
empresas así como para achegar apoio ás iniciativas públicas de
carácter industrial e dinamizador que precisa a nosa comunidade.
Ningún comentario:
Publicar un comentario