xoves, 14 de xuño de 2012

A Área de Juventud de IU lanza o vídeo 'No hay dos, sin tres' para denunciar o rescate a España e reivindicar a III República como o proxecto de país do pobo

Desde a "Área de Juventud de Izquierda Unida" lánzase un vídeo aproveitando a campaña de apoio á selección española, "No hay dos sin tres", para denunciar o Plan de Rescate e reivindicar a III República como proxecto soberano do país.




Esta campaña lánzase nun contexto no que o Presidente do Goberno vai celebrar a Polonia unha intervención dos poderes económicos europeos que conleva a maior perda de soberanía da historia. A Troika e os banqueiros alemáns non visten a camiseta da selección, visten a súa propia. Este é o falso patriotismo do PP, no que mentres Rajoy celebra un gol da selección española, o día antes o seu ministro de Economía comunicaba que hipotecaran ao pobo español por un valor de 100 000 millóns de euros en resposta aos intereses dos banqueiros alemáns e españois.

É inconcebíbel que o 99% paguemos a débeda ilexítima do 1%, ou que se diga que non hai cartos para educación e sanidade, e que se lle otorgue meses despois á Banca o 10% do noso PIB. Pero o que xa supón un despropósito é que sexan as familias desahuciadas polos propios bancos as que agora teñan que asumir o pago da débeda e o rescate dos mesmos banqueiros que as deixaron sen casa.

O patriotismo do PP pasa por rescatar bancos e someterse aos intereses da oligarquía alemá. Un rescate que significa menos democracia para o pobo, que nos empobrecerá de forma crecente como xa ten ocurrido noutros países como Grecia e que supón unha hipoteca por décadas que nos condena ao pago dunha débeda que non xeramos as e os de abaixo.

Frente a isto, nós reivindicamos un rescate ao pobo: un rescate ás familias que están sendo desahuciadas, un rescate ás decenas de miles de familias que teñen a todos os seus membros parados, un rescate á sanidade e a educación que están sendo destruídas polos recortes, un rescate a unhas institucións plagadas de corruptos, un rescate á democracia que está secuestrada polos grandes poderes financieiros e económicos, en definitiva, un rescate aos intereses da maioría social.

Este réxime bipartidista de banqueiros, grandes empresarios e políticos corruptos estanos levando a unha situación de absoluta miseria, e frente a estes, representando os seus negocios, unha monarquía casposa que só sabe defender os intereses desta oligarquía mediocre que está sometida á ditadura dos mercados financieiros internacionais.

Frente a este modelo de país esclavo e sometido aos intereses da Troika, basado na especulación e o ladrillo e onde os principais partidos monárquicos compiten por xestionar o mesmo modelo de políticas neoliberais, é necesario pór en pé un novo proxecto de país que poña no centro da súa política e da súa economía os intereses do pobo, das e dos de abaixo, e isto hoxe só pode significar unha cousa: A III República.

Porque non hai dous sen tres #RepúblicaOtraVez

Traducido da Área de Juventud de Izquierda Unida.

Ningún comentario:

Publicar un comentario