28 setembro 2023

PLENO SETEMBRO 2023

 ROGOS E PREGUNTAS

📅 28 de setembro de 2023

Intervención: minuto 46:11


🔗 https://www.youtube.com/live/OJFV6xLD81Y?si=5BN2fzEHdl3eTUX_&t=2771

Preguntas realizadas

🔻 Subvencións deportivas

Preguntamos polo retraso na publicación das bases destas axudas. Unha situación que podería provocar problemas económicos aos clubs deportivos.

🔻 Terreos de Rons

Preguntamos polos trámites para desbloquear o expediente de desafectación, paso previo para solicitar á Xunta de Galicia a ampliación da Escola Infantil.

🔻 Camiño da praia de Con Roibo

Preguntamos pola situación do camiño de acceso á praia, usurpado por unha empresa privada. Tiñamos coñecemento dunha resolución da Xunta de Galicia onde a legalización da empresa quedaba a expensas de demostrar que o camiño non era público.

🔻 Ordenanza de patinetes

Preguntamos polo estado deste expediente, iniciado no anterior mandato.

🔻 Ordenanza de autocaravanas

Preguntamos polo estado deste expediente, iniciado ao final do anterior mandato.

Rogos e solicitudes

🔻 Sinalización en Alexandre Bóveda

Solicitamos instalar unha sinal de prohibido xirar á esquerda na intersección coa rúa Rosalía de Castro.

🔻 Alumeado público

Solicitamos instalar puntos de luz nas rúas Funil, As Cortiñas e Laxiña.

🔻 Limpeza de fincas

Solicitamos actuar especialmente no barrio do Sineiro ante a proliferación de ratas e serpes.

🔻 Limpeza de arquetas de pluviais

Solicitamos realizar unha limpeza xeral antes da chegada das choivas.

🔻 Control de patinetes eléctricos

Solicitamos aplicar as directrices de tráfico para sancionar as infraccións.

Ningún comentario:

Publicar un comentario